• Serán as primeiras do destino en recibir esta distinción.
  • O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP.
  • O presidente do Clúster de Turismo participou na reunión da Mesa de Calidade, que tivo lugar o venres, 12 de maio, en Boiro.

 

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Poden obter este distintivo todos aqueles establecementos que se atopen no círculo de consumo do turista: transporte, aloxamentos, restauración, comercio, axencias de viaxe, etc.

 

Co obxectivo de implantalo na comarca, a Mancomunidade Barbanza-Arousa constituíu unha Mesa de Calidade formada polo persoal técnico, representantes da Xunta, da Deputación da Coruña, do Clúster de Turismo de Galicia, dos catros concellos da entidade (Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira) e de cinco asociacións empresariais.

 

O presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal, participou na reunión desta Mesa de Calidade o pasado venres, 12 de maio, en Boiro. Nesta cita o órgano valorou as candidaturas, seleccionando finalmente un total de 36 empresas e servizos turísticos para obter o distintivo de calidade turística SICTED no destino.

 

Todas elas superaron as avaliacións e cumpriron cos requisitos relacionados coa óptima xestión empresarial e dos servizos, coa recepción de dúas asistencias técnicas individualizadas, a participación en sesións formativas e asistencias técnicas colectivas.

 

Ademais disto, a Mancomunidade tamén organizou un taller da man do responsable do Centro Arqueolóxico do Barbanza, Víctor Barbeito, para fomentar o coñecemento do destino Barbanza-Arousa e aumentar as sinerxías.

23 de Maio de 2023

36 empresas e servizos do destino Barbanza-Arousa recibirán o selo de calidade SICTED

Serán as primeiras do destino en recibir esta distinción. O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado […]
23 de Maio de 2023

Caldas de Reis recibe a certificación Observer como destino de turismo científico

O Xardín Botánico, a Carballeira e ‘os choróns’ de Caldas de Reis recibiron esta distinción que recoñece o valor do seu patrimonio natural e a súa […]
23 de Maio de 2023

O evento solidario Estrelas no Camiño de Santiago reunirá 72 Estrelas Michelin en Galicia

33 cociñeiros de prestixio internacional participarán nesta comida solidaria. A cita, que poñerá en valor o produto galego, será o 5 de xuño en Negreira. Os […]
16 de Maio de 2023

O Clúster Turismo de Galicia promoveu preto de 700 reunións entre empresas galegas e operadores de Málaga e Madrid

Arredor de 30 empresas galegas participaron esta semana en dous workshops en ambas cidades para promocionar o destino Galicia Os encontros, organizados polo Clúster en colaboración […]