A través do hashtag #NONalies preténdese concienciar de que o cumprimento exemplar das recomendacións sanitarias debe manifestarse tamén fóra dos espazos universitarios

Co obxectivo de concienciar á poboación universitaria de Compostela da importancia de seguir as pautas de distanciamento social e hixiene de mans que estableceu a pandemia do coronavirus, a USC e Asociación Hostalaría Compostela uníronse nunha campaña coa que se quere concienciar ao alumnado da necesidade de desenvolver un lecer responsable, que se pode garantir nos establecementos de hostalaría.

A campaña levará a cabo a través das redes sociais, onde se difundirán unha serie de vídeos, entre outro material divulgativo, destinados a fomentar o cumprimento das normas ditadas polas autoridades sanitarias, tal e como destacaron tanto o director do Gabinete do Reitor, Carlos Toural Bran como Sara Santos, presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, que incidiron en que os locais de hostalaría son espazos seguros, nos que hai que cumprir unha serie de medidas de hixiene e control.

Voluntarios para concienciar

A USC conta xa con preto de 250 alumnos e alumnas voluntarias que ao longo do curso desenvolverán labores de concienciación entre os seus compañeiros e compañeiras para potenciar hábitos e condutas saudables, así como a responsabilidade individual, incidindo en condutas como o de manter a máscara todo o tempo, excepto no momento de consumir, mantendo a boca cuberta o resto do tempo.

01 de Outubro de 2020

Hostalaría Compostela e a USC impulsan unha campaña para promover o lecer responsable

A través do hashtag #NONalies preténdese concienciar de que o cumprimento exemplar das recomendacións sanitarias debe manifestarse tamén fóra dos espazos universitarios Co obxectivo de concienciar […]
30 de Setembro de 2020

Unha app impulsada por guías galegos permite escoitar as súas indicacións a través dos móbiles

A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia impulsou unha app denominada Guías de Galicia que permitirá recibir as súas indicacións aos turistas a través […]
29 de Setembro de 2020

Turismo de Galicia e as rutas dos viños de Galicia presentan unha campaña de promoción “Reencontros cos 5 sentidos”

No mesmo acto destacouse a importancia da plataforma de comercialización da oferta do cinco rutas que tamén se impulsaron no marco dun convenio asinado polas rutas […]
28 de Setembro de 2020

A Asociación Galega de Axencias de Viaxes intégrase na CEAV

A Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI), acaba de incorporarse como novo membro de pleno dereito á Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV). Así […]