Lisboa é o terceiro destino elixido polo CTG para achegar a oferta turística galega á turoperación situada en destinos próximos a Galicia

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar unha xornada presentación que terá lugar en Lisboa, o día 30 de outubro, no Altis Grand Hotel. Este evento consistirá nun workshop con axentes de viaxes da zona, seguido dun cóctel degustación.

Un máximo de 40 empresas galegas participarán neste workshop co obxectivo de favorecer ao máximo o networking entre estas e a turoperación local. No workshop estará presente unha persoa por empresa (en caso de querer asistir dous, é preciso solicitalo e a asistencia da segunda persoa estaría suxeita a dispoñibilidade unha vez expirado o prazo de solicitudes) e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, que se pode realizar a través deste formulario antes do 10 de outubro, data límite para realizar a solicitude.

Este workshop é o terceiro e último que celebra o Clúster de Turismo de Galicia este ano, tras Málaga e Sevilla, e o único de carácter internacional, dándolle continuidade aos celebrados en edicións anteriores, que xa permitiron achegar a oferta turística galega á tuperación lusa, entre outros destinos.

27 de Setembro de 2019

Aberto o prazo para inscribirse no terceiro workshop de proximidade do Clúster de Turismo de Galicia

Lisboa é o terceiro destino elixido polo CTG para achegar a oferta turística galega á turoperación situada en destinos próximos a Galicia Co obxectivo de dar […]
26 de Setembro de 2019

Acluxega aposta pola implantación da marca Galicia Calidade entre as empresas vinculadas ao sector da geotermia galega

A asociación celebrará en Santiago unha xornada informativa que servirá tamén para entregar os diplomas ás empresas que conseguiron márcaa Calidade Acluxega- Galicia Calidade O Clúster […]
25 de Setembro de 2019

A marca Galicia Destino Activo establécese como obxectivo a creación de 3 novos produtos de turismo activo

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu esta semana a II Xornada Galicia Destino Activo, concibida co obxectivo de continuar no traballo de posicionamento […]
24 de Setembro de 2019

O CSHG afronta un plan de renovación por importe de máis de 5 millóns de euros para converterse en centro de referencia en innovación turística

Implantarase o grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hostaleira na Universidade de Santiago coa colaboración do sector A Xunta de Galicia presentou o plan de acción […]