O Clúster engade unha nova data ao seu calendario de accións internacionais para este outono. O colectivo xa traballa nos preparativos para viaxar a terras italianas e participar na 61 edición da feira internacional TTG Incontri Rímini, que terá lugar do 9 ao 11 de outubro. O CTG liderará unha misión comercial na que poderán participar algúns dos socios da entidade.
O Clúster pon a disposición dos socios 7 prazas para participar no evento. Están destinados aos representantes do sector da comercialización e distribución (maioristas e axencias de viaxes), así como ao aloxamento (hoteis, cámpings, turismo rural, etc.) e ás ofertas turísticas complementarias (turismo activo, náutico, MICE, novas experiencias…).
As persoas interesadas en participar na misión comercial deberán enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com antes das 14:00 horas do xoves, 19 de setembro, manifestando o seu interese e incluíndo os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, empresa á que pertencen, información de contacto e de facturación), así como achegar o xustificante do pagamento da fianza de 800,00 € para “Servizos de internacionalización na feira TTG-Incontri Rimini 2024” ao seguinte número de conta: ES56 0081 0499 6000 0167 4368 A inscrición realizarase por rigorosa orde cronolóxica de recepción, incluíndo o xustificante de pagamento.
O TTG Incontri Rímini é unha plataforma onde podes descubrir as últimas tendencias da industria das viaxes, coñecer profesionais e expertos de todo o mundo e facer crecer a túa rede e o teu negocio. Nas últimas edicións participaron 2.200 marcas de todo o mundo, 20 rexións de Italia, 60 destinos internacionais e ata 1.000 compradores de 50 países diferentes.