• O recoñecemento reforza o compromiso do destino cun modelo sostible e baseado na excelencia

 

Un total de 34 establecementos e servizos turísticos do GDR Terras de Compostela recibiron o distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED), nun acto celebrado no Hotel Congreso de Teo. A entrega de diplomas contou coa participación do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, xunto ao director de Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, a presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo.

 

  • Unha comarca que aposta pola calidade e a cooperación

 

A iniciativa, impulsada polo GDR Terras de Compostela desde 2019, busca consolidar a comarca como un referente de turismo sostible e de calidade, ofrecendo servizos profesionais e comprometidos coa mellora continua. Con estas novas adhesións, son xa preto de setenta os establecementos certificados.

 

Durante o acto, Cesáreo Pardal subliñou o compromiso que o sector mantén coa calidade e excelencia turística, mentres que Xosé Manuel Merelles valorou o papel da calidade como ferramenta clave para diferenciar Galicia nun contexto de turismo cada vez máis esixente.

 

Guarina Rey, pola súa banda, lembrou que Terras de Compostela foi o primeiro grupo de desenvolvemento rural da provincia da Coruña en impulsar o programa SICTED e destacou o valor desta certificación como símbolo de confianza para visitantes e residentes.

 

07 de Outubro de 2025

34 establecementos de Terras de Compostela reciben o distintivo SICTED de calidade turística

O recoñecemento reforza o compromiso do destino cun modelo sostible e baseado na excelencia   Un total de 34 establecementos e servizos turísticos do GDR Terras […]
01 de Outubro de 2025

O Clúster de Turismo pon en marcha unha campaña para difundir a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ entre a poboación galega

Ata o 29 de decembro, anuncios en televisión e cuñas de radio lembrarán aos galegos e galegas que este Club de Produto ofrece máis de 150 […]
29 de Setembro de 2025

Cinco novas empresas súmanse a “Galicia Destino Sostible”

Torre de Tebra, Faro Pequeno, Faro de Cabo Silleiro, Salmoira e Pazo Quinteiro da Cruz son as últimas incorporacións á marca turística.   O Club de […]
29 de Setembro de 2025

Os hoteis de Galicia aumentan os seus ingresos en agosto, chegando aos 84,3 millóns de euros

O aumento do 4,3 % con respecto ao ano pasado é a cifra máis alta da serie histórica.   Os datos publicados polo INE (Instituto Nacional […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618
Página siguiente