Máis da metade dos beneficiarios das case 7.000 tarxetas empregaron parte do importe e unha cuarta parte deles xa o consumiron na súa totalidade.

 

O prazo para facer uso destes bonos nos máis de 900 establecementos adheridos estará aberto ata o 31 de decembro.

 

A presente edición do Bono Turístico #QuedamosenGalicia lanzado pola Axencia Turismo de Galicia coa colaboración das empresas do sector e do Clúster para favorecer a desestacionalización incentivando a demanda fóra da tempada alta permitiu inxectar algo máis dun millón de euros nos establecementos adheridos.

 

Así o anunciou a directora do organismo autonómico, Nava Castro, durante a visita que realizou en días pasados a unha das empresas que participan nesta campaña: a axencia de viaxes en liña Siente Galicia, que se adheriu tamén ao Club de Produto Galicia Destino Sostible posto en marcha fai uns poucos meses polo Clúster.

 

Nava Castro detallou que nesta nova edición da campaña foron emitidas case 7.000 tarxetas (das que a Xunta asume o 40 % do importe e o beneficiario o 60% restante). Ademais explicou que o 52 % dos usuarios empregaron parte do importe asignado (hai tarxetas por valor de 250, 375 e 500 euros) e que unha cuarta parte deles xa o consumiron na súa totalidade. Tamén lembrou que a data límite para facer uso destes bonos é o 31 de decembro.

 

Nesta ocasión, o número de establecementos adheridos roldou o milleiro, entre axencias de viaxe, empresas de oferta turística complementaria e aloxamentos de todo tipo: desde hoteis ata vivendas turísticas pasando por cámpings, albergues, balnearios, establecementos de turismo rural, apartamentos, pensións e paradores.

18 de Novembro de 2022

O Bono Turístico #QuedamosenGalicia supuxo xa un gasto no sector de 1,1 millóns de euros

Máis da metade dos beneficiarios das case 7.000 tarxetas empregaron parte do importe e unha cuarta parte deles xa o consumiron na súa totalidade.   O […]
16 de Novembro de 2022

Cesáreo Pardal pon en valor a calidade e a sustentabilidade do turismo rural galego

O presidente do Clúster participou nun foro sobre o sector celebrado na Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense.   A directora de Turismo de […]
14 de Novembro de 2022

A segunda edición de Turislab prepara a súa recta final

As startups finalistas da Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta ensaiaron nas instalacións de Galicia Turistic a posta de longo dos seus proxectos.   Empresas como […]
13 de Novembro de 2022

Galicia Destino Sostible conquista a un grupo de xornalistas especializados

Os participantes no Press Trip programado polo Clúster gozaron dunha selección de propostas de aloxamento, restauración e oferta complementaria.   Representantes de medios especializados de ámbito […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552
Página siguiente