Participou nunha quincena de eventos entre feiras, worshops e presentacións, que sumaron unhas 1.000 xuntanzas de traballo.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023. O Clúster Turismo de Galicia iniciou o pasado ano apostando por retomar a internacionalización participando nunha quincena de eventos entre feiras, workshops e presentación en dez países distintos de Europa, América do Norte e América do Sur. Máis de cen empresas do sector participaron nestes encontros, impulsados polo Clúster ou en colaboración coas Administracións Públicas.
Visibilizar e posicionar a Galicia como un destino de calidade, sustentable e intelixente e abrir novas oportunidades de negocio son os obxectivos principais destas actuacións que en 2022 promoveron unhas 1.500 xuntanzas de traballo entre as empresas galegas e as doutros países
Dos 15 eventos 4 foron feiras internacionais de referencia para o sector como a ITB de Berlín, a WTM de Londres, a TTG Incontri Rimini e a IMEX de Frankfurt.
Ademais, ao longo do ano o Clúster participou en diferentes worshops e presentacións, tanto do Destino Galicia como do Xacobeo 21-22 en París, Zurich, Frankfurt e Hamburgo, Londres, Oporto, Sao Paulo e Bos Aires, Miami, Tel Aviv ou o “Roadshow Spagna 2022”, que percorreu Roma, Catania, Bolonia e Milán, con 4 talleres de traballo e dúas presentacións a compradores italianos. Estas actuacións complementáronse con outros encontros en diferentes cidades de España
O Clúster Turismo de Galicia como aglutinador do sector aposta por visibilizar os seus produtos únicos da nosa terra dentro e fóra de España. Desde o Camiño de Santiago, sinal de identidade fóra das nosas fronteiras, pero tamén a ampla oferta de experiencias da nosa comunidade como o termalismo o turismo cultural, de negocios, marítimo ou o enogastronómico, entre outros, que gañan adeptos día a día. Unha oferta turística baseada na sustentabilidade, reforzada por iniciativas como Galicia Destino Sostible, que se puxo en marcha en xullo do ano pasado e que xa que aglutina ata 150 produtos a través da súa web galiciadestinosostible.com.