Así o reivindicou o seu presidente, Juan Molas, en presenza da ministra de Turismo, durante a pasada asemblea xeral da asociación.

 

A Asemblea Xeral da Mesa do Turismo de España, celebrada esta semana coa participación da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, serviu para facer balance do sector e perfilar as súas perspectivas de futuro e as súas necesidades. Neste sentido, Juan Molas, presidente desta asociación que agrupa a representantes dunha vintena de subsectores turísticos, reiterou a petición ao Goberno dun PERTE (Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica) turístico que alivie as perdas acumuladas polas empresas do sector tras a pandemia e axude a paliar as consecuencias do incremento dos custos.

 

“As contas de resultados das empresas –particularmente nos hoteis, hostalería e tamén no transporte- están a lidar cun incremento dos custos de entre o 25 e o 27 % que non poden repercutir aos prezos no preciso momento no que máis se depende de alentar a demanda”, explicou Juan Molas na súa intervención.

 

O presidente da Mesa do Turismo de España apuntou tamén que a inflación e as súas consecuencias sobre a demanda turística constitúe un das principais preocupacións do sector turístico para o próximo exercicio e reclamou tamén ao Goberno transparencia na xestión e o montante da nova partida dos fondos Next Generation, unha solución para o problema das colas de pasaxeiros nos controis aeroportuarios, e o fin da obrigatoriedade do uso das máscaras nas viaxes aéreas e no transporte público.

 

16 de Decembro de 2022

A Mesa do Turismo de España solicita un PERTE para o sector

Así o reivindicou o seu presidente, Juan Molas, en presenza da ministra de Turismo, durante a pasada asemblea xeral da asociación.   A Asemblea Xeral da […]
15 de Decembro de 2022

O sector turístico sumouse á celebración dos 25 anos de Galicia Calidade

O Clúster Turismo de Galicia e representantes de empresas como Casa de Cacheiro participaron no acto presidido por Alfonso Rueda.   Hai xa un cuarto de […]
14 de Decembro de 2022

Turismo, patrimonio e sustentabilidade, xuntos no Plan Xacobeo Next Generation

Unha ducia de Bens de Interese Cultural galegos repartiranse case 23 millóns de euros a través deste proxecto impulsado con fondos europeos.   O presidente do […]
11 de Decembro de 2022

A desconexión e o relax, o factor máis valorado á hora de planificar unha viaxe

O descubrimento de novos destinos, a calidade dos aloxamentos e o prezo completan a lista de prioridades segundo a última enquisa de ObservaTUR.   O estudo […]