• O financiamento sostible, solucións financeiras ou solucións de cobros e pagos aplicados ao ámbito dos cámping; protagonistas da cita.

 

O pasado martes, 25 de abril, a Cidade da Cultura acolleu unha xornada dedicada ao investimento e innovación no mundo do cámping organizada polo Banco Sabadell. Na cita afondouse nas vantaxes que poden obter os empresarios ou autónomos dos seus investimentos, nas solucións de cobros e pagos no día a día, e na realización de proxectos sostibles. A apertura do evento estivo a cargo de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia.

 

Ignacio Rodríguez Taboada, director de Fondo Europeos e Sustentabilidade do Banco Sabadell, comezou a súa intervención falando sobre o financiamento sostible aplicable aos cámping. Rodríguez Taboada sinalou a xeración de enerxías renovables, a redución de consumos enerxéticos e do consumo de auga, a reciclaxe dos residuos, a eficiencia enerxética e a mobilidade sostible como eixos principais no que a investimentos sostibles se refire. Tamén mencionou a plataforma de axudas e subvencións europeas do Banco Sabadell, onde é posible realizar simulacións e diagnósticos personalizados.

 

A xornada continuou da man de Jorge Alonso, director de Financiamento Especializado, quen achegou ao público asistente solucións para os cobros e pagos nas acampadas. O método renting é unha das claves na sociedade actual, que aplicado ao ámbito turístico pode aplicarse ao alugueiro de bens de equipo, incluíndo: mobiliario, maquinaria de hostalaría, climatización, equipamento, maquinaria fixa diversa, e placas fotovoltaicas. Este tipo de alugueiro achega diversas vantaxes para o cliente, como o gasto planificado e controlado, a posibilidade de incluír seguro e servizos, ou a variedade de tipos de contratación. Para as persoas interesadas en recibir asesoramento sobre arrendamento, Alonso citou a empresa CSI Partner, con máis de 10 anos de experiencia no sector.

 

Finalmente, Silvia Rumbo, directora eCommerce e TPV do Banco Sabadell, falou sobre os tipos de cobros e pagos nos cámping. Rumbo mencionou as liñas de pago online, un novo produto de financiamento de pagos para autónomos e negocios sen cobro de intereses. Tamén comentou a importancia de investir nun TPV intelixente, que ademais de contar coas características dos TPVs tradicionais, incorpora novas funcionalidades como dividir a conta, consultar operacións, deseñar un ticket dixital personalizado, xestionar as devolucións rapidamente, ou o cobro seguro por ligazón ou escaneo.

05 de Maio de 2023

O investimento e a innovación no mundo do cámping centraron a xornada organizada polo Banco Sabadell na Cidade da Cultura o 25 de abril

O financiamento sostible, solucións financeiras ou solucións de cobros e pagos aplicados ao ámbito dos cámping; protagonistas da cita.   O pasado martes, 25 de abril, […]
04 de Maio de 2023

A Xunta modifica as bases e amplía o prazo da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego

O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a resolución que modifica as bases reguladoras para a concesión. O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata […]
04 de Maio de 2023

A Xunta amplía ata finais de maio o prazo para solicitar axudas destinadas á mellora da eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos

O prazo de presentación, que finalizaba a principios deste mes de maio, ampliarase ata o día 29. As axudas están dirixidas a pequenas e medianas empresas […]
04 de Maio de 2023

Campo Lameiro proclámase Capital do Turismo 2023

O municipio pontevedrés gañou o VII certame Capital do Turismo Rural 2023. Campo Lameiro convértese na primeira localidade galega que recibe o galardón.   A localidade […]