Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, continúa estreitando lazos co norte de Portugal, que representa un dos destinos máis activos no proxecto e socio estratéxico do evento que se celebrará en Expourense o 6 de febreiro de 2019. A directora de relacións internacionais de Expourense, Emma González, participou na inauguración do 5º Festival Gastronómico do Espadarte que arrincou en Vila Praia de Áncora, xunto ao alcalde do Municipio de Caminha, Miguel Alves, o presidente da Entidade de Turismo Porto e Norte, Melchior Moreira e o organizador do evento, Antonio Cunha. Expourense e Xantar levan cinco anos consecutivos representando a Galicia neste Festival que se celebra cada ano e que transcorrerá ata o 19 agosto en Vila Praia de Âncora.
Todos eles coincidiron en destacar a puxanza turística do Norte do Portugal, especialmente grazas á chegada de peregrinos que percorren o Camiño Portugués pola Costa. En conxunto este territorio segue sendo a que máis crece tamén en pasas a noite, froito dun traballo de cooperación tanto cos municipios como con outros entes como é Expourense. Esta é xa a segunda actuación no país veciño que realiza Expourense, durante o mes de agosto, despois de que o pasado día 1, tomase parte da apertura oficial da 16º edición da ?Feira dá Terra? en Mondim de Basto, que estivo presidida polo Secretario de Estado de Agricultura e Alimentación do Goberno Portugués, Luís Medeiros.