Os eixos fundamentais desta nova folla de ruta pasan por explotar as fotalezas inherentes de Galicia como as súas paisaxes, a súa cultura, patrimonio e centros históricos ou o Camiño de Santiago

Liderada pola Axencia de Turismo de Galicia que confiou a súa redacción no Clúster de Turismo de Galicia, a Estratexia de Turismo de Galicia plasma o marco de traballo en materia turística para o período 2017-2020, tendo en conta as necesidades dos axentes de distintos ámbitos da cadea de valor do sector turístico galego. O obxectivo fundamental pasa por consolidar un destino competitivo cun gran valor estratéxico na economía galega.

A través dun proceso participativo que implicou a todo o sector e unha análise estratéxica definíronse seis grandes condicións necesarias para a construción deste modelo de turismo sobre o territorio:

– Potenciar a marca Galicia como destino turístico DIFERENCIADO a nivel global. Galicia es un territorio cunha enorme diversidade nun espazo xeográfico reducido, o que nos permite desenvolver un gran número de produtos turísticos diferenciados e únicos, atractivos para la experiencia del turista (ecoturismo, turismo termal, enogastronómico, Camiño de Santiago).

– Situar o turismo como PRIORIDADE dos distintos axentes públicos e persoais e establecer unha estratexia INTEGRAL (prestando atención a todos os territorios de Galicia) e INTEGRADORA (establecendo interconexións con outros sectores de maneira directa e/ou indirecta), DINÁMICA (velando constantemente pola súa correcta implantación) e DINAMIZADORA (dando cabida no seu deseño ao espectro máis amplo posible de axentes en contacto co sector), na que se concretan economicamente as liñas de actuación para alcanzar cada obxectivo e no que se establece un sistema de avaliación que vele polo correcto desenvolvemento do plan.

Os indicadores cuantitativos establecidos que permitirán avaliar e monitorar o correcto desenvolvemento da estratexia serán: o crecemento dun 21% no número de turistas ata alcanzar os 6 millóns no horizonte 2020 dos cales o 33% do total serán turistas estranxeiros. Tamén se aspira a mellorar a rendibilidade do sector e o gasto dos visitantes alcanzando os 60 euros de media por habitación e o 40% de ocupación hoteleira media mentres que para o turismo rural fíxase o crecemento en 4,4 puntos ata alcanzar o 20% de ocupación media.

indicadores objetivo

Os eixos fundamentais desta nova folla de ruta pasan por explotar as fotalezas inherentes de Galicia como as súas paisaxes, a súa cultura, patrimonio e centros históricos ou o Camiño de Santiago, e lograr a desestacionalización das visitas para que se produzan durante máis semanas do ano e prolónguense máis xornadas. Para iso o Plan fai hinpacié en profundar na profesionalización do sector e unha aposta pola innovación turística e as novas tecnoloxías.

20 de Maio de 2017

Consolidar un destino competitivo, gran obxectivo da Estratexia Turismo Galicia 2020

Os eixos fundamentais desta nova folla de ruta pasan por explotar as fotalezas inherentes de Galicia como as súas paisaxes, a súa cultura, patrimonio e centros […]
20 de Maio de 2017
mesa de trabajo pontevedra Estratexia Turismo de Galicia 2020

Unha folla de ruta elaborada baixo os criterios de participación e transparencia

A través dun proceso metodolóxico aberto, transparente e participativo implicouse por vez primeira as las tres universidades galegas así como a representantes del conxunto de la […]
20 de Maio de 2017

Workshop da oferta turística galega en Salamanca

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega en destinos de proximidade, o Clúster Turismo de Galicia está a organizar unha primeira xornada de […]
18 de Maio de 2017

Misión comercial galega en IMEX de Frankfurt, a feira do sector MICE máis importante do mundo

Os representantes do sector feiral, de congresos e incentivos mantiveron encontros profesionais nesta cita do 16 ao 18 de maio Unha edición máis, o sector galego […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551
Página siguiente