Concibida como unha xornada de encontro, formación e traballo conxunto dos profesionais do mundo do viño que desenvolven a súa actividade no noroeste de España e norte de Portugal, Atlante Wine Forum celébrase o 18 de abril en Vigo, impulsada polo Instituto Galego do Viño. Durante un día, viticultores, adegueiros, enólogos, catadores, barmen, distribuidores e empresarios do enoturismo daranse cita para debater e estudar conxuntamente sobre os retos e posibilidades do mundo do viño a través dun completo programa no que os participantes poderán a relatorios de personalidades de prestixio internacional combinadas coa realización de masterclass a cargo de Sarah Jane Evans, Beatriz Machado e Ferrán Centelles.

A xornada, que se celebrará na sede Afundación, require inscrición previa e unha entrada cuxo prezo é de 100 euros. Con todo, a organización puxo a disposición da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS), un lote de entradas con un desconto do 50% que se adxudicarán por rigorosa orde de reserva e pago e que darán acceso a todos os relatorios do programa común e ao tres mastreclass do Auditorio

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar cos organizadores do evento a través  do correo electrónico xefaturaestudos@institutogalegodovino.com.

11 de Abril de 2016

Cita coa viticultura en Vigo da man do Atlante Wine Forum

Concibida como unha xornada de encontro, formación e traballo conxunto dos profesionais do mundo do viño que desenvolven a súa actividade no noroeste de España e […]
07 de Abril de 2016

INFORME “TIC E TURISMO: SITUACIÓN, POLÍTICAS E PERSPECTIVAS”

O estudo é un informe de situación sobre o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) por parte do sector do Turismo en España […]
07 de Abril de 2016

Eventos musicales en ExpoCoruña

ExpoCoruña acolle dúas citas en abril vinculadas coa música. A primeira, o xoves 14 de abril, con motiov do V aniversario do Soho Café os incondicionais […]
07 de Abril de 2016

Análise da demanda e dos obxectivos do PITGA cumpridos no Consello Galego de Turismo

Turismo de Galicia reuniu aos principais axentes do sector representados no Consello Galego de Turismo para dar conta do balance turístico 2015 e presentar o estudo […]