Outras 14 mostraron o seu interese en formar parte da iniciativa, que se presentou o pasado 11 de xullo, e que conta co apoio e financiamento da Xunta

 

As primeiras empresas que se adhiran a Galicia destino sostible poderán optar a financiamento para a creación de novos produtos turísticos sostibles grazas a unha liña de axudas de máis de 300.000 euros

 

O prazo de solicitude estará aberto ata o próximo 30 de setembro e as peticións atenderanse por rigorosa orde de solicitude

 

Un total de 13 empresas do sector turístico galego están integradas oficialmente no Club de Produto Galicia Destino Sostible. O comité de avaliación do Club acaba de dar o visto e prace á incorporación de máis de media ducia de entidades, entre aloxamentos, axencias e provedores de oferta turística complementaria que, en breve, publicarán as súas ofertas na web www.galiciadestinosostible.com.

 

O Clúster Turismo de Galicia presentou o pasado 11 de xullo esta iniciativa para impulsar o turismo sostible en Galicia e converter ao destino nun referente neste ámbito a nivel nacional e internacional. Galicia Destino Sostible conta co apoio e financiamento da Xunta, a través dun convenio asinado entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clúster.

 

As empresas que xa forman parte de Galicia Destino Sostible son: Rodeiramar Apartamentos, Siente Galicia, Albarari, Hotel Bela Fisterra, Casa de Cacheiro, Club Náutico de Portonovo, Hotel Bosque Mar, SIMPLY GALICIA, LORYGAR SL (A Quinta da Auga), Viajes Tambre, S.L., Ribeira Sacra Leisure & Lodging. Casa das Xacias, Alecrin Actividades y aventura, e Atlantis Adventure Turismo Activo S.L. Ademais, outras 14 empresas mostraron o seu interese en formar parte do Club de Produto Turístico que ten como obxectivo actuar como un hub que integre toda a oferta turística sostible de Galicia.

 

Ao novo club de produto pode adherirse calquera empresa galega pertencente aos subsectores categorizados como aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxe e provedores de oferta turística complementaria que cumpran cos requisitos esixidos. As empresas que xa teñan algunha certificación oficial de sustentabilidade (S do ICTE, Biosphere, Green Key, Eu Ecolabel, Green Globe21, Travellife, Rainforest Alliance Certified, Estrella Verde da Guía MICHELIN, etc.) ou unha certificación ambiental (ISO 14000, EMAS, etc.) poderán adherirse directamente ao club, pois estes son considerados requisitos habilitantes. As empresas que non teñan algunha destas certificacións poderán igualmente adherirse ao club a condición de que cumpran co 100% dos requisitos obrigatorios e, polo menos, o 33% dos considerados valorables.

 

A iniciativa ofrece unha liña de axudas ao sector turístico galego de 312.000 para incentivar ás empresas para crear novo produto turístico sostible. Estas axudas económicas serán outorgadas polo Clúster ás primeiras empresas que se adhiran ao club Galicia Destino Sostible, xa que as peticións atenderanse por rigorosa orde de solicitude e formalizaranse mediante a firma dun contrato de patrocinio.

 

Ademais do financiamento outras das vantaxes de pertencer ao novo club de produto son a promoción, a formación ou o networking. Galicia Destino Sostible conectará a través da súa web (www.galiciadestinosostible.com) a turistas e empresas, facilitando o acceso a toda a oferta turística sostible de Galicia e actuando como aval ou garantía, non só de sustentabilidade, senón tamén de calidade.

 

26 de Xullo de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible, impulsado polo Clúster Turismo de Galicia, integra ás 13 primeiras empresas

Outras 14 mostraron o seu interese en formar parte da iniciativa, que se presentou o pasado 11 de xullo, e que conta co apoio e financiamento […]
23 de Xullo de 2022

O mercado español, á cabeza das preferencias do turismo MICE  

O clima, os custos, a accesibilidade, a paisaxe e a gastronomía son algúns dos aspectos máis valorados por organizadores e participantes segundo un estudo no que […]
22 de Xullo de 2022

Turismo e reciclaxe únense de novo en torno ao Camiño de Santiago

Máis de 200 albergues e 15 oficinas de turismo participan na nova edición da campaña Camiño da reciclaxe.   Un verán máis, e xa van seis, […]
21 de Xullo de 2022

Galicia pon baixo os focos ao audiovisual como motor económico e impulso para o sector turístico

O 4 % do orzamento de produción de cada longametraxe en España está destinado a viaxes e aloxamento.   Galicia é un lugar de película. Non […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552
Página siguiente