Converter a Galicia nun destino turístico sustentable é un dos retos asumidos por Turismo de Galicia baixo a máxima de que a sustentabilidade debe ser un elemento transversal presente en todas as políticas turísticas que se desenvolvan no noso territorio. Así se expresou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nunha conferencia sobre o turismo sustentable e a importancia da posta en valor da contorna natural que impartiu na residencia universitaria CET Santiago

Nava Castro, explicou que o desenvolvemento turístico sustentable depende de tres alicerces fundamentais, o social, o económico e o ambiental, e sinalou que para que un destino sexa completamente sustentable todos os axentes interrelacionados con el teñen que traballar nunha mesma dirección polo que fixo fincapé na importancia de que as empresas e profesionais do sector sexan coherentes con este modelo de protección dos recursos. “Isto supón un uso racional dos recursos produtivos vinculados ao negocio, e traballar para conseguir un compromiso de responsabilidade empresarial no ámbito social, ambiental e económico”, explicou Nava Castro.

Entre os produtos sustentables máis destacados cos que conta a nosa comunidade, a directora de Turismo de Galicia destacou o turismo termal, enogastronómico, industrial, mariñeiro e ornitolóxico así como a rede de centros BTT Galicia e resaltou que converter a nosa comunidade nun modelo europeo de turismo sustentable “implica traballar na protección, conservación e posta en valor dos recursos endóxenos de Galicia, sen que perdan a súa esencia e valores de sustentabilidade ambiental e social”.

22 de Febreiro de 2017

Consolidar Galicia como destino turístico sustentable, reto de Turismo de Galicia

Converter a Galicia nun destino turístico sustentable é un dos retos asumidos por Turismo de Galicia baixo a máxima de que a sustentabilidade debe ser un […]
21 de Febreiro de 2017

Catro experiencias TIC no sector turístico abrirán este xoves na Cidade da Cultura o programa #UpDatePeme

Impulsada pola AMTEGA en colaboración co Clúster para esta primeira sesión, a xornada ten xa as inscricións abertas Co obxectivo de servir de punto de encontro […]
20 de Febreiro de 2017

Arredor de 300 profesionais do segmento MICE asistiron ao congreso nacional de OPC

O 29º Congreso Nacional de Empresas Organizadoras Profesionais de Congresos de OPC España, da que forma parte OPC Galicia, celebrouse en Lleida coa participación de case […]
20 de Febreiro de 2017

Adxudicación asistencia técnica para a organización dunha misión comercial na Feira Internacional ITB Berlin 2017

Viajes El Corte Inglés, S.A. Importe adxudicación: 30.726,00 euros (IVE INCLUÍDO)