A Comisión Europea (CE) segue de preto a estratexia turística para Galicia e o norte de Portugal impulsada polo Eixo Atlántico, unha idea que explora o concepto do “Turismo de Fronteira” no que observan potencial para exportar a outras fronteiras europeas.

O proxecto “Destino Fronteira”

O proxecto Destino Fronteira posto en marcha baixo o paraugas do interreg España-Portugal ten como obxectivo implementar unha estratexia de desenvolvemento turístico da fronteira hispano-lusa como destino único, integrado e estruturado, baseado en recursos endóxenos compartidos. A idea que impulsa é a de convidar as persoas a que percorran a fronteira e que non se limiten a cruzala, xa que estas adoitan ser territorios con gran riqueza histórica, cultural e natural.

Interreg entende que as prácticas desenvoltas nunha área determinada pódense exportar a outra, tendo en conta que “os territorios fronteirizos da Unión Europea (UE) teñen características similares”.

A estratexia nacera do Eixo Atlántico baixo o nome “ Dous países, un destino”, e inclúe agora a creación e distribución de guías turísticas -actualizadas cada dous anos- en español, portugués e inglés, así como a produción dunha versión electrónica das mesmas en galego. En paralelo, cada dous anos organízase a mostra Expocidades nunha cidade do Eixo Atlántico -a edición deste ano celebrouse en Braga-, onde se reúnen administracións e operadores turísticos para impulsar o mercado do turismo de proximidade.

“Establecemos a nosa estratexia con catro liñas: o turismo verde, o turismo enolóxico, o turismo branco -praias, ríos, termalismo…- e o turismo gris, o da pedra e as cidades históricas”, sinala Xosé Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, quen destaca que “un esquío pode ir desde as Cíes a Doñana de parque natural en parque natural, pasando pola Ribeira Sacra, Monfragüe ou a Serra da Estrela”.

En materia enolóxica, a contorna da fronteira hispano-portuguesa está repleto de denominacións de orixe, como Rías Baixas, Albariño, Monterrei, Vinho Verde ou Douro.

Encontro con eurodeputados en novembro

Eixo Atlántico prepara para novembro un encontro con eurodeputados de países con rexións fronteirizas para tentar potenciar o turismo de fronteira, eliminar obstáculos que aínda existen nelas -por exemplo, o aluguer de vehículos- e crear unha Comisaría de Turismo e Patrimonio.

No longo prazo, Eixo Atlántico ten a intención de impulsar a creación dunha asociación europea de turismo que favoreza o modelo fronteirizo, pero comentan que “aínda está nos seus inicios”.

24 de Xullo de 2019
turismo forntera

“Destino Fronteira”, a estratexia turística para Galicia e o norte de Portugal que é referencia a nivel europeo

A Comisión Europea (CE) segue de preto a estratexia turística para Galicia e o norte de Portugal impulsada polo Eixo Atlántico, unha idea que explora o […]
23 de Xullo de 2019

Galicia, xunto a outro cinco rexións atlánticas, implícanse nun proxecto para a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial común a estes territorios

O proxecto AtlanticCultureScape centrarase inicialmente na identificación destes nexos comúns para acabar xerando experiencias culturais que contribúan ao incremento das visitas turísticas Co obxectivo de impulsar […]
22 de Xullo de 2019

A Xunta cifra os obxectivos do Xacobeo 2021: crecemento do PIB, número de visitantes e emprego a tempo completo

O presidente da Xunta destaca o próximo Ano Santo como unha oportunidade para mostrar o noso potencial no ámbito relixioso, cultural e turístico, pero tamén no […]
22 de Xullo de 2019
marisquino

A Xunta asina o contrato de patrocinio do festival O Marisquiño por valor de 121.000 euros, apoiando a súa continuidade en Vigo

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e pola delegada territorial da Xunta en […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543
Página siguiente