Un total de 172 empresas do sector turístico galego foron as beneficiarias da convocatoria de axudas convocadas este ano pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia de Turismo de Galicia, para a certificación da marca Q do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), como así se publicou no Diario Oficial de Galicia.

Estas axudas supoñen un impulso para establecementos de turismo rural e hostaleiro, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios no seu proceso de acreditación da súa excelencia turística.

O procedemento de concesión tramitouse en réxime de concorrencia competitiva e as axudas inclúen o impulso ás actuacións para a mellora da calidade mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes a 2018 e que se inicien a partir de 1 de xaneiro de 2018.

En concreto, estas axudas subvencionan os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE e tamén os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2018, unha vez conseguida a certificación, o seguimento e/ou a renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

Líderes en excelencia

Na súa aposta pola excelencia, a Consellería de Cultura e Turismo convocou estas axudas avanzando así en dúas direccións: na consolidación dun destino cada vez máis competitivo e no interese por ofrecer aos viaxeiros o mellor servizo posible como parte da vontade dos galegos por brindar sempre a mellor acollida aos que visitan a Comunidade galega.

Galicia lidera en España varios segmentos turísticos con máis Q de Calidade. En concreto, seis de cada dez instalacións náutico deportivas con Q de Calidade en España están en Galicia. No turismo rural, a metade dos establecementos de hospedaxe recoñecidos son galegos. O mesmo sucede cos servizos e infraestruturas de turismo industrial (46%), do turismo activo (37,5%) e cos balnearios (23%).

02 de Xaneiro de 2019

Cultura e Turismo apoiou a preto de 200 empresas galegas no seu proceso de certificación da Q de Calidade

Un total de 172 empresas do sector turístico galego foron as beneficiarias da convocatoria de axudas convocadas este ano pola Consellería de Cultura e Turismo, a […]
31 de Decembro de 2018

Boas expectativas para o peche dun excelente ano para o sector turístico

Pese ao previsible descenso no número total de viaxeiros, Turismo de Galicia considera que 2018 pode ser o “segundo mellor ano” para Galicia Tras un 2017 […]
28 de Decembro de 2018

Galicia supera a barreira do 10 mil tránsitos de barcos nun ano no conxunto dos seus portos

Soben o número de barcos que elixen os portos de Rías Baixas para recalar, cun incremento interanual do 18% sendo Muros e Combarro os portos que […]
27 de Decembro de 2018

A Xunta de Galicia declara BIC a paisaxe cultural da Ribeira Sacra

O Consello da Xunta de Galicia deu luz verde á declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC), paso previo e […]