O turismo de convencións, reunións e incentivos ( MICE) é un segmento importante da industria turística e contribúe ao desenvolvemento dos destinos, tamén o galego, segundo o Spain Convention Bureau. Por iso é interesante non perder de vista as tendencias de futuro que algúns expertos apuntan para os congresos e eventos próximos.
Segundo apuntan os expertos de WorldHotels Anke Ebinger, directora de Vendas para Europa Central da compañía, e Ganessan Suppiah, vicepresidente rexional de Vendas para Asia-Pacífico, o segmento MICE incorpora novidades como a incorporación das tecnoloxía 360: realidade virtual, streaming en vivo e intelixencia artificial, “están a converterse en elementos fundamentais dos eventos MICE, tanto como elemento de diferenciación como para garantir a calidade dos servizos nunha contorna no que a tecnoloxía cada vez xoga un papel máis importante”, como explica Anke Ebinger.
Pola súa banda, Ganessan Suppiah subliña “o papel das apps móbiles para crear un itinerario claro, sinxelo e eficiente, desde a convocatoria, rexistro, ata a personalización das experiencias ou a comunicación formal cos participantes, nun esforzo por poñer en valor o factor humano dos eventos”. Outro dos aspectos que resaltan estes expertos é a necesidade de personalización da experiencia nun evento MICE, buscando a conexión emocional con cada asistente ou a gastronomía tamén como factor diferenciador para os eventos MICE este ano. Como explica Ebinger “as xeracións E e Z aprecian que as propostas culinarias dos eventos inclúan alternativas saudables, comida fresca, froitas e alimentos que proporcionen enerxía”, no canto de calorías innecesarias. Ademais, búscase “impresionar coas experiencias gastronómicas, incorporando técnicas ou alimentos innovadores, preparacións creativas, moi instagrameables”, indica Ebinger.
Bleisure: buscando destinos autóctonos e espazos non convencionais
Contornas bucólicos, de turismo rural ou pouco coñecidos, cun forte compoñente eco-friendly e de interacción coas comunidades locais, son tendencia en 2018. “Os participantes nun evento buscan experiencias auténticas, con expertos locais, relacionadas coas preferencias de quen reside nestes destinos, gozando de actividades fóra dos circuítos turísticos tradicionais e involucrándose activamente cos habitantes do lugar”, apunta Suppiah. Neste sentido, Ebinger sinala que os salóns e espazos convencionais perden importancia fronte a espazos pouco correntes que son máis rendibles porque os visitantes “poden gozar dunha oferta combinada de lecer (como spas, cursos de coctelería, showcookings) e team building, que combine traballo e diversión de forma entretida, relevante, significativa e especial”.
01 de Outubro de 2018

Gastronomía saudable, novas tecnoloxías e contornas que favorecen o bleisure, tendencias mice de futuro

O turismo de convencións, reunións e incentivos ( MICE) é un segmento importante da industria turística e contribúe ao desenvolvemento dos destinos, tamén o galego, segundo […]
28 de Setembro de 2018

Increméntase o gasto medio do enoturista, que tamén aumenta as noites no destino elixido

Os datos extráense do informe sobre demanda do turismo do viño realizado por ACEVIN A Asociación Española de Cidades do Viño ( ACEVIN) fixo público o […]
26 de Setembro de 2018

En agosto melloraron prezos e rendibilidade do sector hostaleiro galego

Continúa o proceso de estabilización do crecemento alcanzado en anos anteriores e conséguese a estancia media máis alta en oitos anos Os viaxeiros que elixiron Galicia […]
25 de Setembro de 2018

A BTT Ruta do Viño Rías Baixas celebrarase no Rosal o domingo 21 de outubro

As inscricións xa están abertas a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com A BTT Ruta do Viño Rías Baixas celebrará a súa terceira edición no Rosal o domingo […]
Página anteriorPágina siguiente