A Xunta, Ecoembes e o Clúster impulsaron a instalación de contedores e papeleiras en máis de 300 hoteis e de puntos de reciclaxe en 102 cámpings e medio centenar de albergues.

 

Cinco establecementos beneficiaranse dunha axuda de 500 euros para o desenvolvemento de proxectos ambientais e sociais.

 

O sector turístico galego volveu demostrar o seu compromiso co medio ambiente envorcándose coa iniciativa impulsada pola Xunta, Ecoembes e este Clúster para fomentar a separación de residuos e a recollida selectiva. Un total de 303 hoteis sumáronse ao proxecto repartíndose 385 contedores amarelos para a recollida de envases e lixeiros e 725 papeleiras. Ademais, 102 cámpings e 56 albergues foron dotados de 437 puntos de reciclaxe.

 

Así se puxo de manifesto no acto celebrado en Santiago de Compostela o venres 24 coa participación da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez; o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño, Ildefonso de la Campa; o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e Bruno de Llano e Fernando Blázquez, en representación de Ecoembes.

 

Tamén estiveron presentes no acto os representantes de cinco dos establecementos adheridos á campaña que resultaron agraciados con cada un dos cinco cheques por importe de 500 euros sorteados para o desenvolvemento de proxectos ambientais e sociais. Trátase do Parador de Turismo de Baiona, o Hotel Combarro (Poio) o Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas (Viveiro) e os hoteis Torres Touriño e Pazo Revel (ambos situados no municipio de Sanxenxo).

 

A iniciativa da Xunta, Ecoembes e o Clúster completouse co desenvolvemento de actividades de formación entre os participantes sobre a recollida selectiva dos residuos xerados nos seus establecementos, e coa entrega de carteis, folletos informativos e elementos identificativos da súa participación no proxecto.

25 de Marzo de 2023

Recoñecemento para o noso sector turístico polo seu compromiso coa reciclaxe

A Xunta, Ecoembes e o Clúster impulsaron a instalación de contedores e papeleiras en máis de 300 hoteis e de puntos de reciclaxe en 102 cámpings […]
23 de Marzo de 2023

Os nosos restaurantes presumen de talento nas galas da Guía Michelin e do certame De Tapas por Galicia

Un total de 54 establecementos foron distinguidos pola popular publicación durante o acto celebrado na Coruña.   O restaurante Paprica e o ArteSana Gastrobar gañaron os […]
22 de Marzo de 2023

Turismo e audiovisual danse a man na Galicia Film Commission

A nova plataforma virtual creada pola Xunta promocionará internacionalmente a Galicia como estudio de cinema e televisión baixo o lema “Shooting at The End of The World”. […]
22 de Marzo de 2023

Adxudicación do servizo de “XESTIÓN DAS REDES SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN DIXITAL DO CLÚSTER DE TURISMO DE GALICIA”

Adxudicatario: Estratividad Agencio de Publicidad, S.L.U. Importe de adxudicación: 46.222,00 euros