A novena edición dos Trens Turísticos de Galicia prevé 37 saídas entre os meses de xuño e outubro.

 

O tren volverá ser o próximo verán un medio de transporte ideal para descubrir Galicia e gozar da oferta turística da comunidade. A Xunta de Galicia, Renfe e a Deputación de Ourense xuntaron forzas para poñer en marcha a novena edición dos Trens Turísticos de Galicia, unha iniciativa que se desenvolverá entre os meses de xuño e outubro, segundo desvelaron os representantes das tres institucións na pasada edición de Fitur.

 

Os protocolos anticovid cos que se desenvolveu a iniciativa o ano pasado, unha vez recuperada tras o parón do 2020, servíronlle para gañarse a confianza do público e lograr unha ocupación dos trens de case o 100 %. Esa confianza unida á mellora da situación da pandemia e aos atractivos dos itinerarios deseñados volverán ser os puntos fortes dunha convocatoria exposta coa previsión de recuperar o número de viaxeiros e de pasaxeiros previo á covid.

 

Os itinerarios deseñados aumentan dos 11 do ano pasado a 13 e permitirán descubrir lugares e destinos emblemáticos de Galicia como faros, pazos, xardíns históricos, mosteiros, a ruta da lamprea, distintos itinerarios do Camiño de Santiago e as zonas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas. Ademais, nesta edición súmanse a Ruta das Mariñas por Betanzos, Pontedeume e Ferrol, e a Ruta dos Queixos entre A Coruña e Teixeiro. Tamén aumentarán o número de saídas previstas, que pasará das 22 do ano pasado a un total 37 saídas durante o verán do 2022.

06 de Febreiro de 2022

Trece itinerarios convidarán a coñecer Galicia en tren o próximo verán

A novena edición dos Trens Turísticos de Galicia prevé 37 saídas entre os meses de xuño e outubro.   O tren volverá ser o próximo verán […]
03 de Febreiro de 2022

A Xunta e o Clúster seguirán colaborando para aumentar a implantación do selo Q de Calidade

Asinarán un convenio trianual dotado con 630.000 euros para afianzar o crecemento de Galicia como destino turístico de excelencia.   A Xunta de Galicia e o […]
01 de Febreiro de 2022

O turismo extrahoteleiro galego experimentou un gran aumento de viaxeiros durante o 2021

O Xacobeo situou a Galicia na cabeza do ranking nacional de noites pasadas en albergues, o turismo rural duplicou o número de visitantes e os apartamentos […]
28 de Xaneiro de 2022

Impulso ao turismo galego a través do Plan Camiña e o Plan Xacobeo Next Generation

As dúas iniciativas suman un investimento de máis de 85 millóns de euros destinada a consolidar o sector durante este Ano Santo, segundo explicou o vicepresidente […]