Turismo de Galicia destinará un total de 150.000 euros para o impulso na promoción da Mancomunidade de Arousa Norte, especialmente no que se refire ás novas tecnoloxías, xa que unha parte moi importante deste financiamento irá dirixida á renovación da web, as súas redes sociais e á creación dunha app coa axenda comarcal da zona. A achega destes fondos é posible grazas á firma dun convenio entre a administración pública e a Mancomunidade, que terá vixencia até 2017, e que terá como ámbito de actuación os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira. As accións a desenvolver teñen, ademais, como obxectivo a consolidación deste territorio como destino accesible para persoas con discapacidade, fomentando ao mesmo tempo o turismo deportivo, de natureza e gastronómico.

Así, contrataranse intérpretes para as actividades guiadas no marco do Encontro Autonómico de Persoas xordas de Galicia e, para as persoas con discapacidade visual, mellorarase a comunicación da oferta accesible ao redor da Ruta do Mexillón sensitiva. Así mesmo, tamén se realizarán xornadas sobre turismo accesible para estudantes e axentes turísticos.

Deporte, natureza e gastronomía
En canto ao turismo deportivo e de natureza, realizarase a inspección e o proxecto técnico para homologar unha ruta de sendeirismo en Rianxo e crearase un circuíto comarcal de carreiras populares, ademais de colaborar coa organización da Ruta do 100 km dos International Trekkers, evento deportivo que percorre, entre outros, o catro municipios da Mancomunidade. Esta actividade, que en 2016 celebrarase a finais de xuño e que xa vai pola súa terceira edición, axudará a promocionar o turismo na zona. Así mesmo, promoverase a asistencia a feiras de promoción turística e a creación dunha base de datos de empresarios turísticos, recursos turísticos e material visual e informativo, entre outras actuacións.

26 de Maio de 2016

150.000 euros para actividades de promoción e mellora da comunicación do destino Arousa Norte

Turismo de Galicia destinará un total de 150.000 euros para o impulso na promoción da Mancomunidade de Arousa Norte, especialmente no que se refire ás novas […]
25 de Maio de 2016

Salamanca acollerá o Congreso de Hostaleiros Españois en novembro

Máis de 400 profesionais daranse cita para abordar os retos máis importantes que afronta esta industria A Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) decidiu […]
24 de Maio de 2016

Ribeira Sacra contará con 200.000 euros de finananciación pública para a súa promoción como destino turístico de interior

Grazas a un acordo asinado entre Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, 21 concellos beneficiaranse do investimento até 2017 Co obxectivo […]
24 de Maio de 2016

O Cluster Turismo de Galicia asina un convenio coa Federación de Empresarios do Barbanza

Os presidentes de ambas as entidades asinaron un acordo marco de colaboración para colaborar en accións conxuntas no marco turístico O Clúster Turismo de Galicia (CTG) […]