A marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ suma oito novas incorporacións. Durante a reunión do comité de avaliación deste martes, 3 de setembro, aprobáronse as solicitudes realizadas polos representantes responsables das empresas ViandoTreks, Casa Amando, Hotel Spa Galatea, Casas do Campo, Pensión Lanas Palomas, Casa Rural Penaquente, Granja Labrada Bed&Horses e Apartamentos Turísticos Rosa Jove.
Estas entidades súmanse a un grupo do que forman parte os sectores das axencias de viaxe, restauración, aloxamento e a oferta turística complementaria. Agora, o club ofrece máis de 149 experiencias sostibles que proveñen de máis de 110 empresas diferentes.
O Club de Produto
O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’, unha iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia co apoio da Xunta de Galicia no 2022, ten como obxectivo principal resaltar e integrar a oferta turística galega que promove o desenvolvemento sostible do destino, buscando situarse como referente tanto a nivel nacional como internacional. Este club de produto turístico abarca diversas facetas da oferta galega, promovendo o respecto ao medio ambiente, á cultura e á sociedade.
A través da súa plataforma en liña, galiciadestinosostible.com, o club serve de punto de encontro entre os turistas e as empresas, facilitando o acceso á ampla oferta turística sostible de Galicia. Dende rutas en camper, en barco, en bicicleta ou a pé, ata paquetes turísticos que ofrecen aventura, deporte, gastronomía, enocultura e aloxamento, o portal conta cunha variedade de opcións para todos os gustos e preferencias.
Proceso de adhesión
Para adherirse a ‘Galicia Destino Sostible’ as empresas teñen que cumprir a lo menos un requisito habilitante (certificación de sostibilidade; Fair´n Green; Estrela Verde da Guía MICHELIN; pertenza ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia, ou ao Club de produto Ecoturismo de España ou una certificación ambiental: ISO 14000, EMAS, etc.) ou ben o 100% dos obrigatorios e un 33% dos valorables.
A adhesión pode solicitarse a través da web galiciadestinosostible.com. Unha vez que o comité asesor acepte a adhesión, a empresa xestionará as súas ofertas desde o portal e gozará das vantaxes de pertencer ao club de produto de xeito gratuíto.