O presidente do Clúster Turismo de Galicia participou no acto promocional do Xacobeo 21-22 organizado pola Xunta.

 

A presentación en Portugal do Xacobeo 21-22 e da oferta turística galega reuniu este martes en Oporto ao vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia,  Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo  Pardal, cun grupo de autoridades e operadores turísticos do norte do país veciño.

 

O acto, que incluíu a colocación do primeiro fito do Camiño de Santiago en Portugal, serviu para estreitar lazos e reivindicar a importancia da colaboración dos representantes do sector turístico de ambas marxes do río Miño. Así o fixo Alfonso Rueda, quen sinalou que do mesmo xeito que o Xacobeo está a ser un dos motores da recuperación económica para Galicia, tamén pode selo para Portugal. O representante autonómico lembrou que a ruta xacobea procedente de Portugal é a segunda preferida polos peregrinos que se dirixen a Compostela, superada unicamente polo Camiño Francés. Nos nove primeiros meses do 2021 foron xa 30.000 os peregrinos chegados a Galicia polo Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa, e do total das persoas que completaron as distintas rutas a Galicia no que vai de ano, o 5 % eran de nacionalidade portuguesa.

 

Rueda convidou o centenar de operadores turísticos portugueses presentes no acto de Oporto a converter as rutas xacobeas nun “reclamo de éxito para os seus negocios”, tal como fixo tamén Cesáreo Pardal. “O Norte de Portugal ofrece un turismo moi similar e, por iso Galicia e o Norte de Portugal deben ir da man e compartir estratexias ante o período de oportunidades que se nos presenta por diante”, defendeu o presidente do Clúster Turismo de Galicia. Pardal destaco, así mesmo, os bos datos que está a colleitar o sector turístico en moitas zonas de Galicia nos últimos meses e atribuíu esta dinámica positiva aos atractivos da oferta galega como destino seguro, de calidade e pouco masificado.

29 de Setembro de 2021

Cesáreo Pardal avoga desde Oporto por compartir estratexias turísticas entre Galicia e o Norte de Portugal

O presidente do Clúster Turismo de Galicia participou no acto promocional do Xacobeo 21-22 organizado pola Xunta.   A presentación en Portugal do Xacobeo 21-22 e […]
28 de Setembro de 2021

O Clúster participou en Fisterra na celebración do Día Mundial do Turismo

O acto serviu para presentar os proxectos cos que a Xunta opta a captar 28 millóns de euros de fondos da UE.   Fisterra foi a […]
27 de Setembro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente na Feira Internacional de Turismo de Londres

O prazo para inscribirse na misión comercial que organiza a entidade estará aberto ata o 1 de outubro.   Un ano máis o Clúster Turismo de […]
25 de Setembro de 2021

Os hostaleiros xa poden acceder a axudas por importe de 6 millóns de euros para dixitalización e márketing dixital

A convocatoria da Axencia Turismo de Galicia está dirixida a aloxamentos e establecementos de restauración e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 25 de […]