Tras o bo resultado dos trens turísticos na tempada estival, esta semana Turismo de Galicia deu a coñecer os itinerarios otoñales permitirán aos participantes achegarse a A Coruña, Lugo e Ourense para gozar dos variados recursos cos que contan. Trátase dos trens Lugo Romano, Ourense termal e de compras e Descubrindo A Coruña, con saídas programadas para os días 30 de setembro e 7, 14, 21 e 28 de outubro en función da ruta. Os billetes poden adquirirse a través da web de Renfe e nas estacións, con prezos de 40 euros para adultos, 20 para nenos e descontos para grupos. Os interesados atoparán completa información na páxina turismo.gal
“Por primeira vez, as locomotoras non se deteñen co fin do verán, senón que seguen acendidas en setembro e outubro con novos destinos e propostas co turismo urbano e de compras, a cultura e o termalismo como eixos”, explicou Nava Castro, acompañada do xerente da área Comercial e o Servizo de Atención ao Cliente de Renfe, Javier Díaz Trisac, e do presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández.
Ata o 28 de outubro
En total, serán seis viaxes que completan a oferta de preto de 60 saídas que comezaron en xuño e que, por tanto, funcionarán durante cinco meses. O tren Lugo Romano sairá desde A Coruña (con achegamentos gratuítos desde Santiago de Compostela) o 30 de setembro e o 28 de outubro, e inclúe visitas á Casa dos Mosaicos e ao Centro de Interpretación da Muralla, que é Patrimonio Mundial, ademais dunha estancia no Balneario de Lugo.
A ruta Ourense termal e de compras ten saídas os días 7 e 21 de outubro desde Santiago de Compostela (con achegamentos desde A Coruña e Vigo) e ofrece a posibilidade de realizar unha visita guiada polo centro histórico e a Catedral. Despois dun tempo de paseo e de compras polo comercio de proximidade e calidade, os participantes trasladaranse ás termas de Outariz, para gozar das propiedades das augas da segunda potencial termal de Europa.
Pola súa banda, Descubrindo A Coruña partirá o 30 de setembro e o 14 de outubro desde Santiago de Compostela (con achegamentos desde Vigo e Ourense) e inclúe un percorrido polo paseo marítimo, deténdose na Torre de Hércules, tamén Patrimonio Mundial. Despois dunha visita á cidade vella coa praza de María Pita e ao parque monte de San Pedro, a viaxe finalizará en Termaria-Casa da auga, antes de emprender o regreso ao momento de orixe.