O Clúster Turismo de Galicia presentou a diferentes  multinacionais da industria turística o Club de Produto Galicia Destino Sostible

 

O destino Galicia foi o fío condutor de preto de 100 reunións de traballo que mantiveron a vintena de empresas galegas, que xunto co Clúster Turismo de Galicia, participaron na World Travel Market (WTM) de Londres. Axencias de viaxes, aloxamentos e empresas de oferta complementaria cumpriron o obxectivo de difundir os seus produtos e a marca Galicia como destino turístico a diferentes operadores internacionais. Pola súa banda, a representación do Clúster integrada polo seu presidente, Cesáreo Pardal, xunto co vicepresidente, Jesús Picallo, e o tesoureiro, Alfonso Martínez, fixo especial fincapé en dar a coñecer a iniciativa Club de Produto Galicia Destino Sostible entre multinacionais da industria turística como Amadeus ou Exodus Travel.

 

A World Travel Market é unha das citas máis destacadas da industria turística internacional, na que as empresas e entidades do sector teñen a oportunidade de  atoparse, intercambiar experiencias da súa actividade e dar a coñecer as súas propostas. Participar na WTM pode supoñer unha vantaxe competitiva para as empresas participantes e a posibilidade de estar en contacto coas últimas tendencias da industria turística.

 

Un ano máis o Clúster Turismo de Galicia puxo ao dispor dos representantes das empresas galegas un espazo dentro do stand da Axencia Turismo de Galicia, un escaparate desde o que amosar a súas propostas, que se reforzou cos contactos e xuntanzas que organizaron a nivel individual as empresas. Ademais dúas das empresas galegas participaron nos speed networking incluídos no programa do encontro.

 

Cómpre destacar que o centro exposicións EcCeL London no que estaba a caseta da Axencia, albergou arredor de 3.000 expositores de máis dun centenar de países.

 

As empresas galega que se desprazaron a Londres para participar na World Travel Market foron Viaxes Interrías, Tee Travel, Circuítos Galicia, CN Travel, Galicia Villas, MEGA Mundo Estrella Galicia, Hotel Pirámide, Grupo Carrís, OCA Hotels, Duermingbeds, Pazo Los Escudos Hotel & Spa Resort, Pazo do Río, Hostal Monasterio de Moraime, Gesca Hoteles, Paco & Lola, Nest Style Santiago así como a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga).

12 de Novembro de 2022

Galicia pecha a súa participación na World Travel Market de Londres 2022 con preto de 100 reunións con operadores internacionais

O Clúster Turismo de Galicia presentou a diferentes  multinacionais da industria turística o Club de Produto Galicia Destino Sostible   O destino Galicia foi o fío […]
11 de Novembro de 2022

Constituída a Mesa de Calidade do Destino SICTED en Ourense Termal

Varias entidades asociadas ao Clúster forman parte do novo organismo encargado de velar polo desenvolvemento do Plan de Sustentabilidade Turística impulsado pola Deputación de Ourense, Turismo […]
10 de Novembro de 2022

Proveitosa participación da misión comercial do Clúster na WTM de Londres

As empresas galegas desprazadas a Inglaterra mantiveron numerosos encontros para promocionar os seus produtos e o destino Galicia.   O Clúster puxo á súa disposición un […]
07 de Novembro de 2022

A sustentabilidade será o eixo da estratexia de turismo transfronteirizo de España e Portugal

Os gobernos dos dous países promoverán investimentos en destinos e experiencias de ambos lados da fronteira.   A estratexia acordada para o período 2022-2024 contempla catro […]
Página anteriorPágina siguiente