O encontro serviu para dar conta da posta en marcha do Estudo de Impacto do COVID19 no sector turístico cuxas conclusións servirán para tomar decisións no proceso de reactivación do sector

A Deputación de Pontevedra celebrou vía en liña a súa Mesa Provincial de Turismo orientada a informar o arranque dun esstudio rigoroso sobre as consecuencias da situación no sector na provincia e cuxas conclusións, que se coñecerán a partir do mes de maio servirán para adoptar medidas para o Plan de Reactivación da provincia. “Somos conscientes das dificultades e do enorme interese do sector turístico para esta provincia”, asegurou a presidenta, á vez que mostrou o seu orgullo pola vontade do sector público e privado de colaborar conxuntamente para saír da situación e o seu optimismo pola posición que mantemos con respecto a outros destinos”, afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Pola súa banda o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, aproveitou a celebración desta mesa para reiterar a necesidade de lanzar unha campaña de recuperación da confianza do viaxeiro e unha de promoción de destino en mercados de proximidade, incluído Portugal. Ademais de instar á firme cooperación público-pública, lembrou que os concellos teñen na súa man flexibilizar impostos municipais para dar así un balón de osíxeno ao sector.

Cesáreo Pardal confirmou, ademais, a vontade de cooperación do sector privado coas distintas administracións, tal e como destacou Silva, que instou “á cooperación público-privada para saír desta crise” e ofreceu o seu compromiso “para colaborar con outras administracións e demandar que lideren o apoio ao sector atendendo as súas competencias”. Neste sentido, a presidenta do ente provincial asegurou que xa se está traballando na seguridade como elemento fundamental para recupera a confianza das e dos visitantes e na promoción coordinada, centrándose fundamentalmente no turismo de proximidade.

“Comprométome a seguir colaborando e traballando conxuntamente con todas as Administracións Públicas” asegurou a presidenta, quen tamén informou que “desde a total lealdade institucional imos esixir a todas as administracións que o sector turístico teña unha formulación de saída da crise propia, porque a súa realidade é moi particular”.A presidenta mostrou, ademais, o seu orgullo pola “mirada humana” do sector turístico e comprometeuse a dedicarse “primeiro ás persoas, a garantir a súa saúde, e despois a todo o que ten que ver coa promoción da actividade económica, xeración e creación de emprego, para poder redistribuír a riqueza”.

Na Mesa participaron representantes do sector público e privado da provincia, entre eles e elas, a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, o alcalde de Baiona e representantes dos concellos de Cangas, Pontevedra e Sanxenxo, a presidenta da Mancomunidade do Salnés e Alcaldesa de Meis, representantes do GALP Ría de Vigo e Ría de Pontevedra, representantes da Ruta do Viño, o presidente do Clúster de Turismo, o presidente de FEPROHOS, a presidenta de AVITURGA, o presidente de AGAVI, a directora do aeroporto de Vigo e os directores dos Centros Integrados de Formación Profesional Manuel Antonio e Carlos Oroza.

16 de Abril de 2020

A Mesa de Turismo da Deputación de Pontevedra evidencia a necesidade de cooperación e compromiso entre administracións e entidades para apoiar ao sector turístico da provincia fronte o COVID 19

O encontro serviu para dar conta da posta en marcha do Estudo de Impacto do COVID19 no sector turístico cuxas conclusións servirán para tomar decisións no […]
16 de Abril de 2020

O sector MICE galego insta á Xunta a adoptar medidas para a reactivación do turismo de eventos e congresos

Sete asociacións empresariais demandan que se teñan en conta as particularidades do sector, con moitas incertezas en canto ao regreso á actividade Propoñen un paquete de […]
15 de Abril de 2020

Hostalaría Compostela abordou co Concello as necesidades do sector nesta crise do Covid-19

Unha representación da Xunta Directiva da Asociación Hostalaría Compostela, encabezada pola súa presidenta Sara Santos, mantivo unha reunión telemática co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, […]
14 de Abril de 2020

O Clúster Turismo de Galicia cooperará coa Xunta para reforzar a confianza e a promoción do destino Galicia

O presidente do CTG participou no Consello Galego de Turismo no que se avanzou a elaboración dun Plan de Seguridade Sanitaria no campo turístico e anunciouse […]