A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará en Vedra a súa primeira BTT, a cita será o domingo 25 de setembro e contará con dous percorridos: un longo, de 40 quilómetros, e outro curto, de 30 o que permitirá que cada participante eliga a opción que mellor se adapte ás súas condicións. Ademais, de e de forma paralela, desenvolverase unha ruta de senderismo de 8 quilómetros para os acompañantes dos participantes na Ruta BTT. A actividade levará aos asistentes por un percorrido de 8 quilómetros a través das paisaxes do municipio vedrés.
Prezo e inscricións
As inscricións para a BTT Ruta do Viño Rías Baixas están xa abertas a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com. O custo desta proba é de 10 euros e inclúe todos os seguros civís, así como varios agasallos para os asistentes, entre os que se atopan unha botella de viño da D.O. Rías Baixas elaborado por unha adega socia e unha camiseta conmemorativa. “Ao finalizar o evento, entregaranse outros obsequios especiais”, engadiu o presidente desta asociación sen ánimo de lucro, Juan Gil de Araujo.
O número de participantes está limitado a 250 prazas en total. Desde a organización esperan que esta iniciativa resulte de interese aos amantes do deporte en xeral, e do ciclismo por paraxes naturais, en particular. O punto de partida e de chegada será o pavillón polideportivo municipal, onde a cita deportiva comezará ás 09.00 horas. Os participantes terán a oportunidade de coñecer as fermosas paisaxes de Vedra, ademais de bordear os viñedos de dous das adegas pertencentes a esta asociación sen ánimo de lucro e integradas na subzona de Ribeira do Ulla.