Representantes do sector MICE galego como Palexco ou ExpoCoruña xunto con Turismo da Coruña e Turismo de Galicia estarán presentes nesta cita do 16 ao 18 de maio

O turismo de feiras, congresos e incentivos, MICE, ten unha cita obrigada do 16 ao 18 de maio en Alemaña, na feira IMEX de Frankfurt, unha das citas profesionais máis importantes no ámbito do turismo de reunións. Representantes deste sector como ExpoCoruña ou Palexco xunto con Turismo da Coruña viaxarán da man de Turismo de Galicia a este espazo de promoción co obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino ideal para o turismo de feiras, congresos, incentivos, presentacións de produto, etc…

Durante a celebración do certame desenvolveranse diferentes encontros cos principais operadores turísticos europeos relacionados co turismo de reunións ademais de desenvolver unha axenda de encontros profesionais no espazo expositivo de Turismo de Galicia, na caseta E300, no que se ofrecerá información sobre a oferta galega vinculada cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira.

A feira IMEX de Frankfurt consolidouse como unha cita imprescindible para o sector MICE, cunha edición que superou os 3500 expositores de 150 países e coa visita de máis de 9000 profesionais vinculados ao sector.

12 de Maio de 2017

Galicia promocionarase como destino de feiras, congresos e incentivos na feira IMEX de Frankfurt

Representantes do sector MICE galego como Palexco ou ExpoCoruña xunto con Turismo da Coruña e Turismo de Galicia estarán presentes nesta cita do 16 ao 18 […]
11 de Maio de 2017

A Cátedra de Hidrología Médica da USC recompila as indicacións terapéuticas de todos os balnearios de Galicia

A Cátedra de Hidrología Médica da USC en colaboración con Balnearios de Galicia elaborou o primeiro Vademécum das augas mineromedicinais de Galicia, unha obra de utilidade […]
10 de Maio de 2017

Renfe pon á venda os billetes para o Tren do Peregrino

Renfe ven de comezar a venda dos billetes para o catro saídas que o próximo mes de agosto realizará o Tren do Peregrino, o tren turístico que, […]
09 de Maio de 2017

Feijóo compromete de forma definitiva a declaración BIC da Ribeira Sacra como paso previo para convertela en Patrimonio da Humanidade

Durante unha visita ao mosteiro de San Pedro de Rocas, Feijóo explicou que a Ribeira Sacra contará coas máximas garantías de protección desde este verán, cando […]