A semana pasada o Clúster de Turismo e Turismo de Galicia iniciaron as dúas primeiras mesas de traballo das 20 previstas para elaborar un diagnóstico do sector turístico en Galicia. Estas xornadas, na que están convocados axentes do sector, son o punto de partida dun proceso participativo para coñecer de primeira man as necesidades e demandas do sector. Coa información recompilada elaborarase un diagnóstico que servirá de base para deseñar a planificación turística dos vindeiros anos.

 

A iniciativa, froito da colaboración entre Clúster e a Axencia de Turismo, busca a máxima participación de todos os axentes do ecosistema turístico. Trala celebración das dúas primeiras xornadas de trabalo na Casa da Cultura de Cee e no NH Collection A Coruña Finisterre da Coruña, as sesións participativas visitarán a rexión do Salnés, Baiona, Salvaterra de Miño, Lugo, Ourense, Ribadeo, Lalín, Monforte de Lemos, Sarria, Sanxenxo, Ferrol, Porto do Son, Pontevedra, Abegondo, A Rúa, Monterrei, Allariz e Santiago de Compostela.

 

En paralelo a esta convocatoria, lanzouse un cuestionario en liña para dar cabida a todos os profesionais deste ámbito que queiran participar. O obxectivo é recoller información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da comunidade.

 

Toda a información sobre o proceso para o diagnóstico está dispoñible no portal https://diagnoseturismo.gal/ e os interesados en participar nalgunha das mesas pode inscribirse a través do apartado participa.

 

Elaborando o diagnóstico

 

Ademais, en colaboración coas tres universidades galegas, elaborarase unha análise científica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia, analizando polo miúdo os recursos que constitúen parte da súa oferta diferencial. Esta análise abordará tamén a evolución cualitativa e cuantitativa do sector no período 2016-2023.

 

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo buscan con este estudo coñecer a foto actual do sector nun momento marcado polos cambios nos hábitos dos turistas, con tendencias marcadas pola sustentabilidade e a dixitalización. Estas cuestións abordaranse no diagnóstico xunto con outros tres aspectos clave: a oferta, analizando polo miúdo os recursos de Galicia que constitúen parte da súa oferta diferencial; a demanda, co obxectivo de coñecer a súa evolución nos últimos exercicios; e a cadea de valor turística de Galicia, delimitando o sector turístico desde un punto de vista empresarial.

30 de Outubro de 2023

Clúster e Turismo de Galicia organizan 20 mesas de traballo para coñecer a situación actual do sector turístico

As mesas de traballo permitirán recompilar información para elaborar un diagnóstico do sector. Os interesados en participar nalgunha das mesas poden inscribirse a través do portal […]
30 de Outubro de 2023

Xa está aquí Fairway, o gran foro de profesionais do Camiño de Santiago

A quinta edición de Fairway celebrarase do 1 ao 3 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. O Clúster […]
30 de Outubro de 2023

O bono turístico #DescubreGaliciaenOutono esgótase en 10 minutos

O programa pon en circulación 10.000 bonos desconto, por valor de 100 € cada un. Os establecementos de aloxamento e axencias de viaxe poden adherirse á […]
30 de Outubro de 2023

Arrincou a comercialización do programa de Turismo Social do Imserso 2023-2024

O 26 de outubro deu comezo a comercialización do programa de Turismo Social do Imserso 2023-2024 en Galicia, entre outras comunidades.   O pasado 26 de […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente