Na primeira reunión de España Verde, celebrada en San Sebastián, asumiuse a coordinación das accións do plan de promoción da marca.

Estableceuse como obxectivo principal a elaboración dun folleto dixital, “A Gran Ruta dá España Verde”.

 

No encontro, ao que acudiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tratouse o avance dos principais proxectos, destacando, especialmente o “Corredor Ecoturístico de España Verde”, un proxecto que conta co financiamento dos fondos Next Generation a través do Plan de Experiencias Turísticas de España.

 

O obxectivo deste proxecto é converter á España Verde nun referente turístico a nivel ecolóxico e natural, sendo así, a primeira gran ruta de Ecoturismo de España. Á súa vez, púxose en común a posta en marcha de “A Gran Ruta da España Verde”, un folleto dixital no que se percorren, en dezaseis etapas, as catro comunidades por estradas secundarias, gozando do medio natural e do seu patrimonio cultural e gastronómico.

12 de Abril de 2023

España Verde avanza na creación do corredor ecoturístico. Turismo de Galicia participa no primeiro gran roteiro de ecoturismo de España.

Na primeira reunión de España Verde, celebrada en San Sebastián, asumiuse a coordinación das accións do plan de promoción da marca. Estableceuse como obxectivo principal a […]
11 de Abril de 2023
Semana Santa 2023 en Galicia

O SECTOR TURÍSTICO GALEGO PECHA A SEMANA SANTA CUNHA OCUPACIÓN DE ENTRE O 75% E O 85%.

Estas cifras sitúan á Comunidade a uns niveis similares aos do ano 2019. O perfil maioritario do turista que se achegou a Galicia foi de orixe […]
02 de Abril de 2023

Turespaña busca cidade para a súa cuarta Convención

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño.   A cita celebrarase a comezos do cuarto trimestre do próximo ano.   […]
01 de Abril de 2023

Aberto o prazo para participar nas presentacións programadas polo Clúster en Málaga e Madrid

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 9 e 10 de maio.   Ambas xornadas comezarán cun workshop […]