A coincidencia no calendario dos dous festivos na semana fixo que esta ponte de decembro fose especialmente bo para ás escapadas a Galicia, propiciadas polo calendario escolar. As previsións eran, pois, moi positivas e quizais non se chegaron a alcanzar mellores cifras debido ao empeoramento do tempo para a segunda parte da ponte. Con todo, o balance desta última ponte de 2017 é moi positivo, cunha ocupación media que podería situarse ao redor do 71%, a falta de cifras oficiais que coñeceremos tras a publicación das cifras do INE e o IGE.

Tradicionalmente a ponte de decembro funciona moi ben para o turismo urbano e de compras, o termal e, este ano, foi un bo ano para o turismo rural galego, que mellorou considerablemente as cifras de ocupación de pontes pasadas. Así, se o ano pasado, por exemplo, a ocupación situouse ao redor do 20-25% mentres que este ano alcanzou cifras entre o 32% e o 35%. No caso do turismo rural nas Rías Baixas, por exemplo, esta cifra supuxo incrementar máis de 25 puntos a ocupación respecto ao 2016 e 10 puntos no conxunto do turismo rural galego.

Por territorios a ocupación durante a ponte foi dispar, con mellores resultados no interior e no sur que no norte do territorio. Así, Ourense alcanzou moi boas cifras de ocupación, de en torno ás 90% grazas ao turismo termal mentres que Lugo tivo unha ocupación media do 80%. A Ribeira Sacra foi a zona da provincia con máis visitantes, cunha media do 85% de ocupación. Lugo logrou o 83%, A Mariña alcanzou o 80% e A Montaña e a Terra Chá, estiveron polo 75% e o 76%, respectivamente. Algúns establecementos de Cervantes, Lugo, Viveiro e Monforte de Lemos puideron colgar o cartel de completo.

Na provincia de Pontevedra, no conxunto do destino Rías Baixas a ocupación media quedou ao redor do 50% aínda que puntos de especial afluencia turística como Sanxenxo chegaron ata o 75%. Cidades como Vigo ou Pontevedra, a ocupación foi algo superior, 54% en Vigo e 61% en Pontevedra.

Na provincia da Coruña, finalmente, a ocupación foi dispar. Mentres que en Santiago acadou o 50.42% en hoteis e o 60.53% en hostais, na Costa da Morte, a ocupación estivo entre o 35% e o 70% dependendo do concello.

11 de Decembro de 2017

Unha boa ponte de decembro para encarar a recta final dun ano histórico para o turismo en Galicia

A coincidencia no calendario dos dous festivos na semana fixo que esta ponte de decembro fose especialmente bo para ás escapadas a Galicia, propiciadas polo calendario […]
04 de Decembro de 2017

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servicio de “Asistencia Técnica para a organización dunha misión comercial á Feira Internacional ITB Berlin 2018” coa colaboración da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia

Aberto prazo ata o martes, 19 de dicembro 2017 Descarga o prego de condicións
01 de Decembro de 2017

O selo Galicia Destino Familiar entrega os seus 27 primeiras acreditacións ás empresas especializadas neste segmento de mercado

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, permite agrupar e pór en valor a oferta turística dirixida ás familias coa que xa conta Galicia O […]
29 de Novembro de 2017

O sector MICE galego prevé facturar durante 2018 uns 70 millóns de euros e pasar dos 1.000 eventos

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiu o acto ao que acudiron uns 150 axentes internacionais e compradores do sector de congresos, convencións […]