Nova edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024

  • A proposta da Xunta de Galicia para potenciar o turismo rural fóra de temporada desenvolverase entre o 13 de setembro e o 15 de decembro.
  • Conta coa participación de 77 casas rurais galegas que ofrecen diversos paquetes e experiencias

A iniciativa Outono Gastronómico ten como obxectivo desestacionalizar e potenciar o turismo rural galego. O pasado venres día 13 comezou unha nova edición que conta con 77 casas rurais das catro provincias que ofrecen paquetes gastronómicos especiais e paquetes de estancias e actividades paralelas como piragüismo, sendeirismo, hípica, entre outras.

 

O programa foi presentado na Casa do Crucero (un dos establecementos participantes) polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e contou coa presenza do vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia, Jesús Picallo.

 

Segundo as declaracións de Merelles, este produto “conseguiu consolidarse como demostran os case 6 millóns de euros que se inxectaron no sector turístico nestes dezasete anos nos que participaron máis de 92.000 persoas”.

 

Por provincias, A Coruña conta con 24 establecementos participantes, Lugo, con 23, e Ourense e Pontevedra con 15 cada un.

 

Toda a información relacionada co Outono Gastronómico no Turismo Rural pódese consultar na web www.turismo.gal, onde todos os participantes, menús exclusivos, actividades alternativas…