ExpoCoruña acollerá do 28 de febreiro ao 1 de marzo a segunda edición de BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable. E faio para achegar ao público interesado todas as novidades do sector ecolóxico. Nesta 2ª edición, participarán 150 expositores e prevese unha asistencia de 13.000 persoas que poderán gozar das máis de 100 actividades relacionadas co sector ecolóxico: alimentación, cosmética, moda sustentable, bioconstrucción…

Ademais dos expositores, a feira acolle mostras, talleres, catas de viños ecolóxicos, cociña en directo coa participación de preto de 20 cociñeiros do mundo bio e actividades para os máis pequenos no marco do festival MamaTerra, co obxectivo de ofrecer un evento lúdico, consciente e informativo sobre o consumo ecolóxico e respectuoso co medio ambiente no que abordará desde o ámbito da bioconstrucción ao estético pasando pola roupa, alimentación, solucións ecolóxicas para o fogar ou reciclaxe de residuos

25 de Febreiro de 2020

A segunda edición da a feira de produtos ecolóxicos Biocultura chega a ExpoCoruña con 150 expositores e a previsión de asistencia de máis de 13 mil persoas

ExpoCoruña acollerá do 28 de febreiro ao 1 de marzo a segunda edición de BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable. E faio para […]
24 de Febreiro de 2020

En xaneiro o turismo galego creceu seis puntos por encima da media nacional

Os primeiros datos de 2020 do Instituto Nacional de Estatística indican que os hoteis galegos conseguen os niveis de rendibilidade máis altos da década O turismo […]
21 de Febreiro de 2020

Apit Galicia celebra con visitas guiadas gratuítas o Día Internacional do Guía de Turismo

Con motivo da celebración do Día internacional do Guía de Turismo, a Asociación Profesional de Guías de Galicia ofrecerá ao longo de toda a xornada do venres, […]
20 de Febreiro de 2020

Os hábitos de consumo, o abaratamento de prezos e os custos ambientais, os factores que máis inquietan ao sector turístico galego

Presentouse en Santiago o Informe de innovación turística en Galicia, no marco dunha xornada sobre retos de futuro na que participaron máis dun centenar de profesionais […]