[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A Organización Mundial do Turismo (OMT) recentemente publicaba un informe co obxectivo de axudar a xestionar o aumento dos fluxos de turismo urbano e os seus efectos nas cidades e os seus residentes abordando aspectos crave como a gobernanza e a xeración de políticas e prácticas sustentables que garantan unha boa relación entre residentes e visitantes.
Baixo o título « Overtourism»? Comprender e xestionar o aumento do turismo urbano máis aló das percepcións, o informe presentouse no marco do sétimo Cume Mundial sobre Turismo Urbano, celebrada en Seúl e é o resultado da colaboración entre a OMT, o Centre of Expertise Leisure, Tourism & Hospitality ( CELTH) da Universidade de Ciencias Aplicadas de Breda e o Europa Tourism Futures Institute ( ETFI) da Universidade Stende de Ciencias Aplicadas.
Nel propóñense ata 11 estratexias e 68 medidas para axudar a comprender e xestionar o aumento de visitantes propoñendo políticas e prácticas sustentables que reduzan ao mínimo os efectos negativos do turismo no uso dos recursos naturais, as infraestruturas, a mobilidade e a saturación, así como o seu impacto sociocultural. Cada vez danse máis casos de actitudes hostís das poboacións locais contra os visitantes, debido á masificación, o ruído e outras cuestións, que levaron á aparición de termos como « overtourism» e « turismofobia» nos medios. Para entender mellor as dificultades que expón a xestión dos visitantes nos contextos urbanos, sobre todo a relación entre os residentes e os visitantes, o informe contén unha análise das percepcións dos residentes sobre o turismo en oito cidades europeas: Ámsterdam, Barcelona, Berlín, Copenhague, Lisboa, Múnic, Salzburgo e Tallin. “Non existe unha solución única para todos para lidar co “overtourism”. En cambio, o turismo debe formar parte dunha estratexia de desenvolvemento sustentable por toda a cidade”, conclúe o Dr. Ko Koens do CELTH e a Universidade de Ciencias Aplicadas de Breda.
O informe  si recomenda unha visión estratéxica común para todas as partes interesadas: reconciliar aos residentes cos visitantes e adoptar unha planificación coidadosa que respecte os límites de capacidade e as especificidades de cada destino. “A participación e o apoio dos residentes locais é clave para lograr o turismo sustentable”, explica o profesor Albert Postma de CELTH e da Universidade Stenden de Ciencias Aplicadas. “A construción da responsabilidade compartida entre as partes interesadas directa ou indirectamente involucradas no desenvolvemento do turismo é clave para asegurar a sustentabilidade a longo prazo”, conclúe o investigador involucrado Bernadett Papp.
24 de Setembro de 2018

A OMT publica un informe con 11 estratexias e 68 medidas para axudar na xestión do fluxos de turismo urbano

A Organización Mundial do Turismo (OMT) recentemente publicaba un informe co obxectivo de axudar a xestionar o aumento dos fluxos de turismo urbano e os seus […]
20 de Setembro de 2018

Rías Baixas volve conseguir unha alta valoración entre os visitantes que a elixiron como destino este verán

A Deputación de Pontevedra acaba de facer público un estudo de comportamento do viaxeiro que visita as Rías Baixas, a partir dunha enquisa realizada de maneira […]
19 de Setembro de 2018

O turismo rural galego convídanos a descubrir os camiños do outono a través do seu catálogo de produtos

Preto de 40 establecementos de turismo rural de Galicia coordinaron as súas propostas baixo o slogan “Viaxa polos camiños de outono”. O catálogo recolle 37 experiencias […]
18 de Setembro de 2018

As Rutas do Viño de Galicia convídannos a gozar do enoturismo en Galicia con alma, corazón e viño

Lanzan unha campaña conxunta baixo a súa marca paraugas Enoturismo Galicia co obxectivo de destacar o enoturismo experiencial que se poden gozar nas rutas “Aquí o […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente