O sector turístico galego estará presente de novo en INTUR

A Feira de Valladolid acolle os próximos 23 e 24 de novembro unha nova edición da Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), na que a oferta turística galega volverá estar presente en Intur Negocios a través das empresas galegas que se inscribiron para participar neste workshop.
Ademais, INTUR celebrará os días 23 e 24 de novembro a Conferencia Internacional de Sustentabilidade e Competitividade en Destinos Turísticos de Interior. Organizada pola Xunta de Castela e León o evento ten como obxectivos transmitir aos destinos de interior o estratéxico papel que a sustentabilidade vai desempeñar na consolidación dun posicionamento competitivo duradeiro e estable no futuro mercado turístico mundial á vez que se quere contribuír a establecer as bases dun modelo internacional de sustentabilidade nos destinos de interior e contribuír ao posicionamento de Castela e León neste ámbito do turismo sustentable.
A asistencia á conferencia é gratuíta dentro do marco de INTUR pero é necesaria a inscrición previa a través desta ligazón.