O proxecto AtlanticCultureScape centrarase inicialmente na identificación destes nexos comúns para acabar xerando experiencias culturais que contribúan ao incremento das visitas turísticas

Co obxectivo de impulsar a oferta turística na zona atlántica seis rexións europeas acordaron traballar de forma conxunta no proxecto AtlanticCultureScape, que estará centrado no impulso da cultura do mar, coas tradicionais carpintarías de ribeira ou as artes de pesca e a do téxtil como nexos comúns que unen ás comunidades atlánticas, un patrimonio inmaterial, ás veces pouco protexido e escasamente visibilizado que con este proxecto preténdese identificar e pór en valor, co obxectivo final de xerar experiencias culturais auténticas que reverterán, en último termo, no incremento das visitas turísticas.

Neste proxecto europeo están implicadas Galicia, Cantabria, Andalucía, Río Maior en Portugal, zonas de Gales, Irlanda e Irlanda do Norte e conta co financiamento de 1,5 millóns de euros do Programa Interreg Atlantic Area a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que ten como obxectivo o impulso colectivo destas experiencias de patrimonio cultural inmaterial que, á súa vez, permitirán fortalecer e complementar a turística na zona atlántica.

A Universidade de Vigo, que contará cunha achega de má de 270 mil euros para o desenvolvemento do proxecto, é unha do seis entidades socias, fixando os seus obxectivos na identificación e o desenvolvemento deste patrimonio cultural inmaterial, centrándose na súa protección e conservación. Xunto á UVigo traballarán o Newry, Morne e Down District Council que actúa como coordinador xeneral; a Autoridade do Parque Nacional Brecon Beacons; o Municipio Río Maior en Portugal; o Cork Institute of Technology en Irlanda; o Goberno autonómico de Cantabria e a Axencia Andaluza de Institucións Culturais. Tamén asinaron o documento de apoio once entidades asociadas, incluíndo o Clúster de Turismo de Galicia, a Agência de Promoção da Cultura Atlántica ou a Tourism Northern Ireland.

Estudar, inventariar e dar a coñecer o patrimonio inmaterial
A finalidade última de AtlanticCultureScapes é apoiar ás comunidades rurais na procura dun desenvolvemento económico sustentable xerado de maneira transnacional pero localmente apropiado a través da recuperación, protección e posta en valor dos recursos culturais inspirados nas paisaxes terrestres e mariñas co fin de que axuden a mellorar as vidas de quen vive, traballa e visita estas contornas fomentando un crecemento económico sustentable, tomando en conta a contorna, desenvolvendo mecanismos innovadores e utilizando solucións creativas a problemas comúns. Deste xeito, impulsarase a creación de produtos patrimoniais innovadores, dunha Ruta de Patrimonio Inmaterial na Zona Atlántica e dun programa de mercadotecnia transnacional que favorezan un maior recoñecemento e visibilidade do patrimonio cultural inmaterial na área atlántica.

Pilar Muñoz, docente do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, investigadora principal da Universidade de Vigo no proxecto, destaca que se inventariará “o patrimonio inmaterial de cada zona e realizarase un plan de sustentabilidade para conter posibles impactos do turismo sobre o patrimonio”, levando a cabo un proxecto piloto no que se determinen boas prácticas turísticas relativas ao patrimonio cultural e inmaterial que permita un desenvolvemento sustentable da zona analizada e determinando os puntos común da área atlántica.

23 de Xullo de 2019

Galicia, xunto a outro cinco rexións atlánticas, implícanse nun proxecto para a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial común a estes territorios

O proxecto AtlanticCultureScape centrarase inicialmente na identificación destes nexos comúns para acabar xerando experiencias culturais que contribúan ao incremento das visitas turísticas Co obxectivo de impulsar […]
22 de Xullo de 2019

A Xunta cifra os obxectivos do Xacobeo 2021: crecemento do PIB, número de visitantes e emprego a tempo completo

O presidente da Xunta destaca o próximo Ano Santo como unha oportunidade para mostrar o noso potencial no ámbito relixioso, cultural e turístico, pero tamén no […]
22 de Xullo de 2019
marisquino

A Xunta asina o contrato de patrocinio do festival O Marisquiño por valor de 121.000 euros, apoiando a súa continuidade en Vigo

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e pola delegada territorial da Xunta en […]
19 de Xullo de 2019

A Xunta reforza a súa aposta polo turismo termal coa Cátedra de Hidroloxía Médica da USC

A Consellería de Cultura e Turismo apoia a formación no eido da saúde termal a través dun convenio de 40.000 euros anuais asinado ata 2021 coa […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569
Página siguiente