APIT-GALICIA lanza a campaña #MorriñadeTi

APIT-GALICIA lanza a campaña #MorriñadeTi

A asociación profesional de guías de turismo mantén encontros coas diferentes administracións para traballar na recuperación do sector turístico

A Asociación Profesional de Guías Turísticos APIT Galicia chama a atención sobre o seu colectivo, un dos máis afectados pola pandemia do #coronavirus destacando que “os guías de turismo seremos dos últimos en recuperar a nosa activida laboral regular”. É por iso que desde o principio están en contacto continuo coas diferentes adminitraciones e entidades vinculadas ao sector turístico para traballar na elaboración dos futuros protocolos de seguridade sanitaria no sector, colaborando ademais co ICTE, a Xunta, as Deputacións e concellos nos proxectos de reactivación e promoción do turismo baixo a máxima de que “unidos será máis facil devolver á confianza aos nosos turistas para que nos visiten de novo, con todas as garantías”

Deste esta entidade agradecen ademais “á Secretaría de Estado de Turismo e á Directora da Axencia Galega de Turismo o seu intermediación para que finalmente as mutuas recoñecesen o noso cesamento de actividade que nos permitise acollernos ás axudas previstas para autónomos e pequenas empresas”. “Agora estamos na fase de reconstrución do tecido económico do país e APIT-Galicia está a colaborar co comité da CEFAPIT (federación española de guías de turismo) no informe que nos pediu a Secretaría de Estado de face a elaborar os protocolos de seguridade sanitaria no noso sector.

Campaña de promoción #MorriñaDeTi
Ademais do concurso de debuxo #PresumeDeGalicia, para que os nenos móstrennos esa Galicia máxica que só eles ven e que puxeron en marcha hai unhas semanas nas redes sociais, desde a asociación puxeron en marcha outra inicaitiva: unha campaña baixo o hashtag #MorriñadeTi que estará composta por tres vídeos promocionais que servirán para mostar a Galicia máis descoñecida, acompañada do paraugas amarelo, o símbolo de garantía, de profesionalidade e saber facer dos guías de turismo oficiais.