[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • O Clúster Turismo de Galicia, no marco dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia de Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, realizou un proceso de avaliación sobre a certificación Q de Calidade Turística.

 

O Clúster Turismo de Galicia, no marco dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, vén de realizar un proceso de avaliación sobre a certificación Q de Calidade Turística no ámbito privado para Galicia. A marca de garantía Q de Calidade Turística é unha marca dirixida á certificación voluntaria que acredita a calidade dos servizos turísticos, concretamente, a xestión, servizos e infraestruturas das organizacións turísticas. Actualmente, existen un total de 349 entidades que contan co recoñecemento, situando a Galicia coma a segunda comunidade autónoma en número de certificacións.

 

O proceso de avaliación levado a cabo polo Clúster construíuse sobre catro grandes eixes: o atractivo da certificación, as axudas vinculadas á certificación, unha avaliación do servizo de consultaría ofrecido polo Clúster Turismo de Galicia, e suxestións e retroalimentación xeral. O proceso, cunha marxe de erro do 5,94% e un nivel de confianza do 95%, contou coa participación de 132 empresas.

 

Unha das principais problemáticas ou necesidades por parte das empresas é o coñecemento que o público xeral pode ter da certificación Q, acadando esta cuestión unha puntuación media do 6,21 (nunha escala do 1 ao 10).

 

Con relación aos posibles beneficios que pode achegar este selo de calidade, na enquisa déronse catro opcións para seleccionar, ademais de deixar a posibilidade de incluír outros beneficios ou respostas. O beneficio máis representativo é o de transmitir o concepto de fiabilidade ou profesionalización para os turistas (66,9%). Moi preto sitúase o beneficio de mellorar a xestión empresarial (55,9%) e o de axudar a diferenciarse da competencia (46,2%). A cuarta opción, que sinalaba a percepción de que a certificación axuda na promoción da empresa/entidade, acadou un 16,9%.

 

No que respecta a nivel de satisfacción, a maior parte das empresas enquisadas están satisfeitas ou moi satisfeitas coa certificación Q de Calidade Turística: a valoración media sitúase nun 8,37 (nunha escala do 1 ao 10). Un dato que confirma que, a nivel empresarial, este certificado se valora moi positivamente.

 

No marco dos convenios de colaboración, o Clúster puxo a disposición das organizacións turísticas un servizo de consultaría gratuíto para a obtención e/ou mantemento da Q de Calidade. No proceso de avaliación, as empresas/entidades que recibiron o servizo tamén valoraron a súa calidade. A maior parte dos enquisados aproba o servizo de consultaría con boa nota, cunha resposta media que se sitúa en torno a un 8,43 (nunha escala do 1 ao 10).

 

Conclusións

 

A maior parte das valoracións relativas á certificación Q de Calidade son positivas. Este recoñecemento de calidade axuda a transmitir unha serie de garantías aos turistas e a achegar valor engadido á empresa.

 

Por unha banda, un dos aspectos máis demandados é o relativo á promoción e posta en valor deste certificado de cara ao público: os clientes non coñecen o que implica esta certificación, polo que se fai necesaria unha maior promoción que axude a poñer en valor aquelas entidades que acadaron a Q de Calidade. Por outra banda, destaca positivamente o labor de comunicación das axudas que Turismo de Galicia pon a disposición das empresas interesadas na certificación, pois practicamente a totalidade dos enquisados coñecía este programa de axudas.

20 de Decembro de 2023

O sector turístico amósase satisfeito coa certificación Q de Calidade Turística

O Clúster Turismo de Galicia, no marco dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia de Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, realizou un proceso de avaliación sobre […]
19 de Decembro de 2023

Arrinca a terceira edición de Turislab, a aceleradora de empresas para o sector turístico liderada pola Xunta de Galicia

O proceso de inscrición está aberto ata o 26 de decembro a través de turislab.gal   Turislab, a aceleradora de empresas para o sector turístico liderada […]
19 de Decembro de 2023

O 60% das axencias de viaxe mellora a súa facturación fronte a 2019

O 75,7% das axencias mellorou este dato fronte a 2022.   O 2023 é un ano positivo para as axencias de viaxe. Segundo o balance anual […]
19 de Decembro de 2023

A Xunta e o Clúster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes

Un total de 400 axentes privados e públicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a través […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574
Página siguiente