[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • O turismo internacional representa xa o 30% do total, cun notable aumento de visitantes de EE.UU. e Italia.

 

Galicia pechou 2024 con cifras récord no sector turístico, alcanzando os 8,2 millóns de visitantes, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Deles, preto de 7,3 millóns aloxáronse en establecementos hostaleiros e extrahoteleiros.

 

Destaca o crecemento tanto en volume de viaxeiros como na calidade da oferta turística, cun aumento na rendibilidade hostaleira e no gasto medio do visitante internacional, que se sitúa ao redor dos 170 euros, un 14,3% máis que en 2023.

 

O turismo estranxeiro continúa a gañar peso na comunidade, representando o 30% do total. Destacan os incrementos na chegada de viaxeiros procedentes de Estados Unidos (+22,1%), Italia (+11,8%) e Alemaña (+5%), consolidando a estratexia de internacionalización do destino.

 

Más pernoitas e unha maior estabilidade no sector

 

2024 tamén supuxo un novo récord en pernoitas, con máis de 13,6 millóns de noites rexistradas, o que supón 115.000 máis que en 2023. Ademais, o crecemento turístico segue  a avanzar na desestacionalización, con incrementos significativos en meses tradicionalmente menos concorridos, como maio (+11,1%) e novembro (+12,2%).

 

En termos económicos, a rendibilidade do sector hostaleiro galego experimentou un crecemento do 6,7%, alcanzando uns ingresos totais de 432 millóns de euros. Este dinamismo tamén se reflicte no emprego, cun incremento do 3,1% nas afiliacións á Seguridade Social e unha mellora na estabilidade laboral, con taxas de temporalidade en mínimos históricos.

 

Estes datos confirman a tendencia positiva do turismo en Galicia, que non só atrae a máis visitantes cada ano, senón que tamén avanza na súa diversificación e sustentabilidade, xerando un impacto económico e laboral cada vez máis sólido.

04 de Febreiro de 2025

Galicia supera os 8 millóns de turistas en 2024 e reforza a súa internacionalización

O turismo internacional representa xa o 30% do total, cun notable aumento de visitantes de EE.UU. e Italia.   Galicia pechou 2024 con cifras récord no […]
04 de Febreiro de 2025

Cantabria recolle o testemuño de Galicia como coordinadora do destino “España Verde”

O destino, integrado por Galicia, Cantabria, Asturias e Euskadi, pechou 2024 con 19,8 millóns de visitantes, un 16% máis que o ano anterior.   Galicia cedeu […]
28 de Xaneiro de 2025

Rías Baixas e Ribeira Sacra, finalistas nos Premios dos lectores de Viaxes National Geographic 2025

Rías Baixas opta a converterse en ‘Mellor destino de praia de España’, mentres que, Ribeira Sacra, loita por ser o ‘Mellor destino rural de España’.   […]
28 de Xaneiro de 2025

Galicia destaca en Fitur 2025 como destino de turismo sostible e acolledor

O sector profesional valorou positivamente as 50 presentacións realizadas durante o evento. A presenza de Galicia en FITUR 2025 deixou unha pegada significativa, consolidándose como un […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623
Página siguiente