[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A Cidade da Cultura acolleu a xornada de formación a profesionais de sector turística orientada a coñecer en maior profundidade as ferramentas financeiras de que dispoñen para levar adiante os seus negocios así como as axudas públicas actualmente en vigor. Impulsada polo Clúster Turismo de Galicia e o Banco Sabadell, o encontro contou coa participación de medio centenar de profesionais do sector e coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou a importancia de celebrar encontros deste tipo que contribúen a dar a coñecer as axudas das que os empresarios do sector se poden valer, polo que tamén agradeceu ao Sabadell a súa boa disposición para cooperar co sector e axudar na tarefa de modernización e mellora da competitivade. De feito, esta entidade financeira, coa que o CTG mantén un convenio de colaboración desde 2017 estase situado como a banca líder en empresas do sector turístico pola súa alta especialización na materia e o desenvolvemento de produtos específicos desenvolvidos para dar resposta financeira especializada a un colectivo pouco homoxéneo e moi fragmentado como é o turístico.

Precisamente esta diversidade e a diferente idiosincrasia dun sector tan transversal como o turístico é un dos aspectos que, en ocasións, fai complexo atopar solucións globais para o conxunto do sector. De aí a importancia de poder contar con asesoramento personalizado e opción de resolución de dúbidas, aspectos que o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, destacou desta xornada.

“Queremos que este tipo de accións sexan moi dinámicas e cun carácter moi práctico. É a primeira ocasión en que organizamos unha xornada específica sobre cuestións finanancieras pero detectamos que se xeran moitas dúbidas na solicitude de axudas públicas e na xestión de fondos e o noso sector ten unha casuística moi especial polo que é importante que os nosos empresarios se familiaricen con todas as opcións que teñen ao seu alcance para modernizar e facer máis competitivo o seu negocio. Diso dependerá moi posiblemente o seu futuro”.

Neste sentido, José María Martín Rigueiro, Director de Negocio Turístico e Hostaleiro de Banco Sabadell destacaba que “con xornadas como a de hoxe Banco Sabadell demostra con feitos a súa proposta de valor dirixida ao sector turístico. Por este traballo, recibimos a Marca Q de Calidade do Instituto para a Calidade Turística Española que recollemos nun acto celebrado fai moi pouco aquí mesmo, na Cidade da Cultura. Iso rubrica a nosa aposta a favor de Galicia, a calidade turística e a excelencia”.

Rigueiro foi un dos participantes na xornada, en cuxa intervención desagregou as posibilidades que ofrece Sabadell Negocio Turístico, que conta con “un servizo especializado orientado a un colectivo moi heteroxéneo, con necesidades moi específicas e que representan un sector de actividade moi puxante en Galicia”.

A xornada tamén incluíu un relatorio sobre os incentivos autonómicos para o sector turístico orientados ao investimento do IGAPE, a cargo de Beatriz Calderero Mir e outra sobre as axudas para a implantación da Q de Calidade Turística, a cargo de Modesto Rouco. Ambos desagregaron os diferentes programas cos que conta a administración pública para a mellora da competividad turística como son Reforma-tur, Galicia Inviste; Galicia Emprende, orientada aos emprendedores; as axudas á implantación da industria 4.0 e os servizos Re-acciona TIC, profundando sobre as características de obrigado cumprimento para a súa solicitude así como os aspectos que son obxecto de subvención, así como as axudas para a implantación e renovación da Q de Calidade.

Renting e ferramentas fiscais para mellorar a rendibilidade
O consultor de Big Peme Anxo Mejías foi o responsable do relatorio coa que se abriu a segunda parte da xornada, centrada en facer reflexionar aos participantes sobre os ingredientes imprescindibles que fan unha peme viable, nos que a parte financeira ocupa un lugar fundamental. Así, a captación de financiamento, a optimización da xestión para incrementar o beneficio e as ferramentas para reducir o gasto fiscal foron aspectos que abordou este consultor.

Finalmente Tomás Manuel Abeigón Vidal, Director de Negocio Turístico Hostaleiro Territorial Noroeste de Banco Sabadell foi o encargado do último relatorio, centrada no explicar o renting hostaleiro como opción flexible e viable para mellorar o financiamento do empresario turístico, abordando as diferentes tipoloxías de contratos e expondo diferentes exemplos de uso do renting neste sector.

21 de Maio de 2019

Profesionais do sector turístico profundan en ferramentas e axudas financeiras para mellorar as súa competividade

A Cidade da Cultura acolleu a xornada de formación a profesionais de sector turística orientada a coñecer en maior profundidade as ferramentas financeiras de que dispoñen […]
20 de Maio de 2019

Os trens turísticos de Galicia estrean tempada con nova ruta dedicada aos Camiños de Santiago

A programación da sétima edición dos Trens Turísiticos de Galicia, impulsada por Turismo de Galicia e Renfe e arrinca o próximo 1 de xuño chega coa […]
17 de Maio de 2019

Un centenar de golfistas senior danse cita en Navarra para continuar o Circuíto Golf Senior de Turismo de Galicia

A próxima parada do Circuíto será no Club de Golf Zaudin en Sevilla, o próximo 29 de maio. O Real Club de Ulzama acolleu a 2ª […]
15 de Maio de 2019

Clúster Turismo de Galicia e Clúster TIC cooperarán para a mellora da competitividade do sector turístico

Ambas as entidades asinaron un acordo marco de colaboración para impulsar proxectos de interese común para ambos os sectores Co obxectivo de continuar avanzando na xeración […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574
Página siguiente