[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Anuncia a mobilización doutros 1300 millóns de fondos privados e programas concretos de reactivación entre os que se creará un para turismo cunha dotación de 58 millóns de euros

A Xunta de Galicia solicita ao Goberno a baixada do IVE do turismo, cunha redución do 10 ao 4% até o próximo 2021

A Xunta de Galicia porá en marcha un plan de reactivación e dinamización económica para o conxunto do territorio cun investimento previsto de 1.700 millóns de fondos públicos –de distinta procedencia, incluída unha reorganización de orzamento propio da Comunidade– e suporá a mobilización doutros 1.300 millóns, a maioría destes de fondos privados.

O plan, que se desenvolvería durante os dous próximos anos deseñouse tendo en conta as recomendacións do comité de expertos económicos que asesorou ao Executivo autonómico na pandemia polo covid-19. Na súa exposición, Feijóo defendeu a necesidade de contar cun plan que mire á recuperación económica co horizonte de “recuperar o PIB” antes da pandemia e que deberá implementar o novo goberno que salga das urnas.

Así, á marxe de avanzar “vacacións fiscais” para os impostos autonómicos até o 1 de novembro (a data de finalización era xuño), Feijóo destacou que o plan de reactivación inclúe 3.043 millóns de euros: 1.741 de recursos públicos e 1.302 de recursos privados (maioritariamente). Cada departamento autonómico deberá elaborar os seus programas concretos para articular as medidas. O orzamento distribúese así: sanidade (450 millóns), área social (197), dinamización economía (334), educación (72 millóns), turismo e cultura (58 millóns), medio rural (161), mar (77), medio ambiente e vivenda (104) e infraestruturas e mobilidade (183 millóns).

Solicitudes ao Goberno central

Ademais, en materia de turismo, a Xunta solicitou ao Goberno central a baixada do IVE do turismo, cunha redución do 10 ao 4% para servizos como a hostalaría, os balnearios ou a restauración “este ano e o seguinte”, unha solicitude que se completou coa da necesidade de abrir máis pasos fronteirizos entre Galicia e o norte de Portugal, e entre Galicia e Asturias. “E tamén pedimos que esta semana se reabra ao tráfico internacional, como mínimo, un aeroporto da comunidade”, engadiu no ámbito da mobilidade.

Por outra banda, e no tocante ás políticas fiscais, trasladou unha serie de medidas propostas polo comité de expertos económicos, entre as que destacou: recuperar a liberdade de amortización para investimentos; exención por reinversión de beneficios extraordinarios; supresión da limitación á compensación de bases impoñibles negativas; e a redución da tributación indirecta que grava presentacións en servizos como a hostalaría.

09 de Xuño de 2020

A Xunta anuncia un plan de reactivación económica cun investimento de 1700 millóns de fonso públicos

Anuncia a mobilización doutros 1300 millóns de fondos privados e programas concretos de reactivación entre os que se creará un para turismo cunha dotación de 58 […]
08 de Xuño de 2020

O Tribunal Supremo ratifica a regulación das vivendas de uso turístico impulsada pola Xunta

Apoia que o obxectivo da Xunta ao regular esta tipoloxía de aloxamento é protexer aos usuarios e garantir unha actividade turística sustentable e de calidade O […]
05 de Xuño de 2020

Galicia en fase 3: a xestión da desescalada pasa ás comunidades autónomas

De avanzar a esta nova fase a partir do 8 de xuño, os galegos poderían comezar a mobilidade interprovincial, aínda que non entre comunidades autónomas, unha […]
04 de Xuño de 2020

A OMT presenta as súas directrices globais para reabrir o turismo

O organismo das Nacións Unidas traballará en estreita colaboración con Google para promover a aprendizaxe dixital e a formación online Lograr que as viaxes sexan seguros […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574
Página siguiente