Ambas as entidades asinaron un acordo de colaboración polo que o departamento da Xunta achegará 50.000 euros para a elaboración desta folla de ruta

Co obxectivo de pór en marcha o Plan de Turismo de Saúde e Termal en Galicia no horizonte 2016-2019, Turismo de Galicia e o Clúster Español de Turismo de Saúde, Spaincares, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal o departamento da Xunta achegará 50.000 euros para a elaboración dunha folla de ruta no horizonte do catro próximos anos que analice a situación do turismo de saúde en Galicia e propoña actuacións de promoción para o seu impulso.

O convenio, asinado entre a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o vicepresidente de SpainCares, Miguel Mirones, contou coa participación do conselleiro de Sanidade, Joaquín Vázquez Almuiña. De acordo con este convenio, o Plan desenvolverase en diferentes fases. Nunha primeira identificará os mercados emisores e receptores de turismo de saúde actuais no mundo, en España e en Galicia, describirá os modelos de certificación de calidade dos servizos a nivel internacional e ofrecerá unha descrición dos servizos demandados na actualidade e os factores na toma de decisión por parte dos usuarios. Así mesmo, presentará unha análise da demanda potencial e identificará e priorizará os mercados emisores para o destino Galicia así como as canles de comercialización presentes no mercado na actualidade.

A partir destes datos, o plan presentará unha estratexia de posicionamento e captación de turistas de saúde que incluirá os obxectivos estratéxicos e propostas de proxectos e actuacións a desenvolver no destino o que permitirá, ademais, trasladar ás potenciais empresas unha visión competitiva do mercado dentro dun marco de internacionalización do sector en España.

Pola o seu parte, o diagnóstico de turismo de saúde en Galicia identificará os recursos e servizos que conformarán a oferta global de turismo de saúde e termal da nosa comunidade e os produtos turísticos consolidados que complementen esta oferta para o futuro desenvolvemento de paquetes turísticos.

Oportunidades de expansión
Toda esta información facilitará unha batería de oportunidades de posicionamento que Galicia poderá dispor a partir das capacidades e potencialidades que presenta o mercado e mostrará as liñas estratéxicas, as accións e as medidas complementarias que deberán porse en marcha ao obxecto de converter a Galicia nun referente en Turismo de saúde.

Por último, o estudo completarase co deseño de actuacións de promoción do turismo de saúde en Galicia a nivel tanto nacional como internacional e unha proposta de posicionamento online para a comercialización de produto.

03 de Agosto de 2016

Turismo de Galicia e o Clúster Español de Turismo Termal porán en marcha un programa de desenvolvemento do turismo de saúde en Galicia

Ambas as entidades asinaron un acordo de colaboración polo que o departamento da Xunta achegará 50.000 euros para a elaboración desta folla de ruta Co obxectivo […]
02 de Agosto de 2016

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “Asistencia técnica para o deseño, coordinación académica e a execución dun plan de formación para a mellora das capacidades e cualificación de perfís directivos do sector turístico de Galicia” coa colaboración da Xunta de Galicia- Axencia Turismo de Galicia.

O prazo para presentar candidaturas remata o 12 de agosto Descarga o documento
02 de Agosto de 2016

Os apartamentos turísticos e o turismo rural melloran resultados en xuño

Segundo recolle a Enquisa de Ocupación Turística Extrahotelera do INE, que recolle os resultados de ocupación dos aloxamentos de turismo rural, albergues, cámpings e apartamentos turísticos, […]
02 de Agosto de 2016

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “Asistencia Técnica para a posta en marcha do proxecto Galicia Destino Familiar”, coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia Turismo de Galicia

O prazo para a presentación de candidaturas remata o 12 de agosto Descarga o documento
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602
Página siguiente