Galicia potenciará o Camiño de Santiago como eixo vertebrador das comunidades que conforman a marca España Verde e como exemplo do seu modelo turístico, baseado na calidade e a sustentabilidade. Así o avanzou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, no marco de Fitur, onde se escenificou o traspaso de poder do País Vasco a Galicia, que neste 2020 asume a coordinación das actividades desta marca turística que integra a Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco. Todos estes territorios teñen en común unha posta en valor dos recursos de cada territorio e potenciando elementos como a gastronomía, o patrimonio, a natureza, a paisaxe ou a propia Ruta Xacobea.
Precisamente neste sentido, Rodríguez destacou o Camiño como un “valor seguro” non só para as autonomías que conforman esta marca turística, “senón para todo o norte peninsular” pola súa capacidade para situar a Marca Galicia e a Marca España a nivel nacional e internacional, fomentando valores como a diversidade ou a multiculturalidad e favorecendo o desenvolvemento das zonas rurais polas que transitan os distintos itinerarios.