A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de abrir a convocatoria de subvencións para 2019 destinada a axudar ás entidades locais a mellorar as súas infraestruturas turísticas para o que destinará un total de tres millóns de euros, un 20% máis que a partida inicial que se destinara o ano pasado para o mesmo fin.
Como se publica hoxe no Diario de Galicia (DOG) poderán optar en réxime de concorrencia competitiva tanto os concellos, mancomunidades e consorcios locais con competencias en materia de turismo, como as agrupacións de concellos aos que se lles axudará a recuperar e mellorar a accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural.

Deste xeito, subvencionaranse as actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos, incluíndo a recuperación e tratamento paisaxístico, a iluminación ornamental, a recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, sendeiros, rotas ou outros elementos de interese turístico. Tamén se axudará na adecuación de espazos para estacionamento de vehículos coa finalidade sexa reducir o impacto negativo que estes producen.
As axudas de Cultura e Turismo tamén sufragarán actuacións de embelecemento dos Bens de Interese Cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado que pode consistir en accións como o embelecemento de vías ou soterramento dos contedores de residuos e eliminación do cableado aéreo e antenas de comunicacións, entre outras. Tamén se subvencionarán actuacións de posta en valor turístico dos recursos incluíndo a recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional.
Do mesmo xeito se inclúen actuacións de mellora da accesibilidade, coa eliminación de barreiras arquitectónicas no acceso aos bens, recursos e rutas turística. Esta liña de axudas comprende igualmente a sinalización nas condicións que se indican nas bases publicadas.
Un total de 164 entidades locais beneficiáronse o ano pasado desta liña de subvencións que contribúen á diversificación da oferta turística galega, de xeito que todos os galegos e galegas poidan experimentar os beneficios económicos, sociais e culturais que a actividade turística pode supoñer, especialmente no rural. O prazo para presentar solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

16 de Xaneiro de 2019

A Xunta destinará 3 millóns de euros en axudas ás entidades locais para melloras nas infraestruturas turísticas do rural

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de abrir a convocatoria de subvencións para 2019 destinada a axudar ás […]
15 de Xaneiro de 2019

A música e o turismo de Galicia desembarcan en Glasgow como territorio convidado ao festival Celtic Connections

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou hoxe en Vigo o papel protagonista que terá Galicia na 26ª edición do festival Celtic Connections de […]
15 de Xaneiro de 2019

A Xunta abre a convocatoria de subvencións do programa O teu Xacobeo

A Consellería de Cultura e Turismo publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa […]
10 de Xaneiro de 2019

O novo modelo de oficinas de turismo ” Info Rías Baixas” contará en breve con 22 oficinas adheridas á rede

A Deputación de Pontevedra presentou oficialmente en decembro o novo modelo de oficinas de turismo da provincia, agrupadas baixo o nome ” Info Rías Baixas” e […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602
Página siguiente