• Convértese nunha das festividades galegas con dobre distinción: Festa de Interese Turístico Internacional desde 2007 e, agora, Ben de Interese Cultural.

 

A Xunta de Galicia aprobou a semana pasada a declaración da Rapa das Bestas de Sabucedo como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de patrimonio inmaterial. Este recoñecemento supón un paso máis na protección dunha das celebracións máis emblemáticas e ancestrais de Galicia, cuxa orixe remonta, polo menos, ao século XVIII. A declaración outorga a esta manifestación cultural o máximo nivel de protección.

 

A Rapa das Bestas, que se celebra cada ano na parroquia pontevedresa de Sabucedo, no concello da Estrada, convértese así nunha das poucas festividades galegas con dobre distinción: Festa de Interese Turístico Internacional desde 2007 e, agora, Ben de Interese Cultural. A festa desenvolveuse este ano entre o 4 e o 7 de xullo, na que foi a súa primeira edición baixo este novo ‘status’ de protección.

 

A decisión reforza a necesidade de preservar unha tradición que simboliza a relación entre os seres humanos e os cabalos salvaxes, expresada a través de rituais como a misa alborada, a baixada dos cabalos do monte e a rapa.

 

O decreto tamén inclúe medidas para garantir a salvagarda do patrimonio asociado, como a creación de rexistros documentais, a promoción da súa difusión e a súa incorporación a procesos educativos. Ademais do seu valor cultural, a Rapa das Bestas converteuse nun atractivo turístico e mediático de primeiro nivel, atraendo cada ano a miles de visitantes a esta pequena aldea de menos de 100 habitantes.

09 de Xullo de 2025

A Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada Ben de Interese Cultural

Convértese nunha das festividades galegas con dobre distinción: Festa de Interese Turístico Internacional desde 2007 e, agora, Ben de Interese Cultural.   A Xunta de Galicia […]
09 de Xullo de 2025

Galicia consolídase coma o sétimo destino máis visitado polos españois no arranque de 2025

No primeiro trimestre do ano, a comunidade recibiu preto de 1,5 millóns de viaxes de residentes en España.   Galicia pechou o primeiro trimestre de 2025 […]
09 de Xullo de 2025

A Plataforma Intelixente de Destinos entra en funcionamento para impulsar a dixitalización turística

O pasado xoves, 3 de xullo, activouse a Plataforma Intelixente de Destinos (PID), un novo sistema dixital de alcance nacional deseñado para mellorar a xestión turística […]
09 de Xullo de 2025

Santiago e Ferrol brillan no concurso ‘Sete Cidades, Sete Sabores’

Alejandro Ferreiro, de O Sendeiro (Santiago), foi recoñecido polo xurado profesional. Álex Martínez e Mar Lago, de BaceLo Restaurante (Ferrol), premiados polo xurado popular.   A […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605
Página siguiente