A responsable de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, participou na presentación de Baiona, un mar de sensaciones, na que afirmou que Baiona é un destino que aposta firmemente pola calidade turística. Mostra diso é que é un dos destinos galegos integrados no Sistema Integral do Calidade Turística Española (SICTED) con dez establecementos distinguidos e cinco adhesións, galardóns que a fixeron acreedora do premio como 3º Mellor Destino Sicted 2014.
Así mesmo, o porto de Baiona ostenta o prestixioso galardón Quality Coast dentro do maior programa internacional de certificación de turismo sostible de Europa. Baiona converteuse así no primeiro municipio galego recoñecido coa devandita distinción e que, xunto a Fuerteventura, son os dous únicos destinos españois que o ostentan a nivel nacional.
A presentación serviu para facer un repaso polo extenso patrimonio natural e cultural, a natureza limpa, a identidade local e a participación das empresas no turismo sostible, ademais das políticas implementadas no ámbito da sustentabilidade turística, son os valores que fixeron que Baiona fose distinguida con estes prestixiosos galardóns. Todo este traballo tivo xa as súa resposta, cun incremento constatable da cifra de viaxeiros aloxados nas Rías Baixas, que melloraron as súas cifras de ocupación en máis dun punto porcentual, ata rexistrar un 31,2% de media.