[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Segundo recollen as estatísticas do INE a ocupación media na comunidade por prazas hoteleiras superou o 50%

Segundo os datos feitos públicos polo INE no seu informe Conxuntura Turística Hostaleira correspondente ao mes de xullo, Galicia incrementou a porcentaxe de viaxeiros e pernoctaciones neste mes respecto ao mesmo período do ano pasado nun 5,1% no caso dos viaxeiros, até alcanzar a cifra de 590.465 e 1.222.383 pernoctaciones, que marcan un incremento do 12,2%. No conxunto de España tamén se volveu a incrementar a cifra de viaxeiros e pernoctaciones no mes de xullo cun 7,4% máis de viaxeiros e 42,8 millóns de pernoctaciones. No conxunto deste sete primeiros meses do ano, Galicia recibiu 2,28 millóns de viaxeiros.

Este incremento no número de viaxeiros e pernoctaciones veu acompañado tamén dun repunte do 5% nos prezos hostaleiros neste mes de xullo, cunha taxa de variación interanual que se sitúa no 5,02%, tan só dous puntos por baixo da taxa media nacional.

Facturación hotelera

Este incremento permitirá seguir mellorando a rendibilidade do sector, xa que a facturación media dos hoteis galegos por habitación ocupada (ADR) é de 59,07 euros, moi lonxe aínda dos 93,2 euros de media nacional. Pola súa banda o ingreso medios por habitación dispoñible (RevPAR), que está condicionado pola ocupación rexistrada nos establecementos hostaleiros, alcanza os 69,6 euros, cun incremento do 13,3% a nivel nacional. En Galicia este dato mellorou en xullo deste ano, hast alcanzar os 31,67 euros, un 8,3% máis que no mesmo período do ano pasado, pero lonxe aínda das cifras nacionais, que marcan ingresos medios de case o dobre.

Outro dos datos que tamén mellorou é o de ocupación por prazas, que alcanza o 51,72% no conxunto dos establecementos galegos fronte ao 46,6% do mesmo período do ano pasado, así como o de estancia media que se incrementou até alcanzar os 2,07 días.

23 de Agosto de 2016

Galicia alcanzou nos seus establecementos hostaleiros a cifra de 590.000 viaxeiros en xullo, un 5,1% máis que en 2015

Segundo recollen as estatísticas do INE a ocupación media na comunidade por prazas hoteleiras superou o 50% Segundo os datos feitos públicos polo INE no seu […]
19 de Agosto de 2016

Xunta e Clúster da auga asinan un acordo para crear a marca Augas de Galicia que impulsará o recoñecemento internacional deste produto

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, asinou un convenio co Clúster da auga Mineral e Termal por importe de […]
18 de Agosto de 2016

A entrada en vigor da Lei do Patrimonio Cultural oficializa o Camiño de Inverno

Xunta, entidades locais, asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras autoridades participaron nun acto de recoñecemento do Camiño de Inverno como nova ruta de […]
16 de Agosto de 2016

A Ruta do Viño Rías Baixas estrea web para dar resposta ás necesidades do enoturista actual

No marco das actuacións que se están levando a cabo con motivo do 20 aniversario da Ruta do Viño Rías Baixas, a entidade sen ánimo de […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623
Página siguiente