[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • As novas incorporacións son a festa das Carrozas do San Cidre, en Boqueixón, a Feira Cabalar de San Martiño en Teo, a feira tradicional de Os Remedios de Ponteareas, e a Semana Santa do Carballiño.

 

Galicia amplía o seu patrimonio festivo recoñecido con catro novas incorporacións ao catálogo de Festas de Interese Turístico. Así o aprobou a semana pasada o Consello de la Xunta, elevando a 142 o número total de celebracións con esta distinción, que pon en valor o arraigamento, a singularidade e o atractivo destes eventos como impulsores do turismo e a cultura local.

 

As festas que reciben agora esta distinción oficial son a Feira Cabalar de San Martiño de Francos, en Teo; a Festa das Carrozas do San Cidre, en Boqueixón; a Semana Santa do Carballiño e a Feira tradicional dos Remedios, en Ponteareas.

 

Cada unha delas destaca por preservar con autenticidade tradicións populares, fomentar a participación veciñal e atraer un crecente número de visitantes. No proceso de valoración, tivéronse en conta aspectos como a orixinalidade da proposta, a conservación da contorna, a afluencia de público ou a dotación de infraestruturas.

 

A Semana Santa do Carballiño, con máis dun século de historia, desenvolveu unha identidade propia a través das súas procesións e o seu acompañamento musical singular. Pola súa banda, a Feira Cabalar de San Martiño, que se celebra cada 11 de novembro desde nada menos que 1557, mantén vivo o comercio de gando equino e outros produtos vinculados ao mundo rural galego. En Boqueixón, a Festa das Carrozas do San Cidre rende homenaxe ao traballo no campo con carrozas elaboradas de forma artesanal e materiais reciclados, todo iso acompañado de produtos gastronómicos locais. Finalmente, en Ponteareas, a Feira dos Remedios revive a Galicia de principios do século XX, recreando oficios tradicionais e escenas da vida cotiá nunha contorna que mestura historia, comunidade e turismo.

 

Estas distincións non só recoñecen o valor cultural das festas, senón que supoñen unha oportunidade para reforzar a súa proxección turística e contribuír á dinamización dos territorios que as acollen. Nas próximas semanas, a declaración oficial publicarase no Diario Oficial de Galicia.

25 de Xuño de 2025

Catro celebracións galegas súmanse á listaxe de Festas de Interese Turístico de Galicia

As novas incorporacións son a festa das Carrozas do San Cidre, en Boqueixón, a Feira Cabalar de San Martiño en Teo, a feira tradicional de Os […]
25 de Xuño de 2025

Luz verde a 56 proxectos que impulsarán o turismo enoturístico de Galicia

A Xunta de Galicia financiará 56 proxectos en toda Galicia para desenvolver iniciativas de embelecemento de aloxamentos, restaurantes e adegas, poñer en marcha proxectos dixitais vinculados […]
25 de Xuño de 2025

‘Sete cidades, sete sabores’ pon en valor o turismo urbano a través da gastronomía galega

A iniciativa ‘Sete cidades, sete sabores’, organizada por Turismo de Galicia, percorre os sabores máis creativos da cociña galega para impulsar o turismo urbano fóra da […]
17 de Xuño de 2025

O Clúster Turismo de Galicia promociona a oferta galega nas xornadas inversas de Turespaña con EE. UU. e Canadá

As xornadas tiveron lugar do 9 ao 12 de xuño en Sevilla. Estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos.   O Clúster Turismo de Galicia participou […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623
Página siguiente