[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Cesáreo Pardal será un dos relatores do primeiro foro Spain’s Sustainability Day, que se celebrará na capital británica o 26 de abril.

 

A xornada concluirá coa entrega dos premios aos medios de comunicación do Reino Unido que mellor mostran as iniciativas sostibles españolas.

 

A aposta do Clúster Turismo de Galicia por unha oferta turística sostible a través do Club de Produto Galicia Destino Sostible esperta interese fóra da nosa terra e pode servir de exemplo a seguir mesmo noutros países. Así o entenden os responsables da Oficina Española de Turismo en Londres, que elixiron a esta entidade e á iniciativa posta en marcha en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para participar no primeiro Día da Sustentabilidade de España, un evento que se celebrará na capital británica o próximo 26 de abril para abordar “os novos retos do turismo, desde o cambio climático, o turismo de masas e o impacto de crises sanitarias e económicas” e mostrar “as iniciativas sostibles que se puxeron en marcha en España estes últimos anos”.

 

Desde Turespaña explican que a xornada reunirá a “destacados profesionais da industria turística e académicos da sustentabilidade” para falar das “estratexias de turismo sostible en España”, tanto “desde o aspecto social da sustentabilidade ata como lidar co turismo masivo nos puntos críticos e como escapar da ecoimpostura”.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, intervirá nun dos paneis nos que foi dividida a sesión e poderá explicar a xénese e os obxectivos de Galicia Destino Sostible e facer balance dos primeiros meses de vida deste Club de Produto. Na xornada participarán tamén, segundo avanzou Hosteltur, Graeme Jackson, director de Cooperación Estratéxica de The Travel Foundation; Carol Rose, directora de Sustentabilidade de ABTA; Natalia Bóveda, executiva de Márketing da Costa do Sol; Paul Easto, fundador e CEO do operador turístico Wilderness Scotland; Richard Hammond, fundador de Green Traveller; Javier García Cuenca, presidente do ITH e do Secretariado da AMT (Asociación de Municipios Turísticos); Hazel McGuire, director Xeral do operador turístico Intrepid Travel; Teresa Parello, directora de Sustentabilidade de Iberia; David Martín, xerente de Novos Produtos e Trens Turísticos de Renfe; Jane Ashton, Directora de Sustentabilidade de EasyJet; Thomas Power, cofundador & CEO do operador turístico Pura Aventura, e Pedro Saura, presidente de Paradores, ademais de Manuel Butler como director da OET na capital británica.

 

A xornada concluirá coa entrega dos Premios Xornalísticos de Turismo Responsable de España, creados para galardoar aos medios de comunicación do Reino Unido que mellor mostraron as iniciativas verdes ou sostibles do turismo español.

12 de Marzo de 2023

O Clúster e Galicia Destino Sostible viaxan a Londres con Turespaña para promocionar o turismo sostible

Cesáreo Pardal será un dos relatores do primeiro foro Spain’s Sustainability Day, que se celebrará na capital británica o 26 de abril.   A xornada concluirá […]
11 de Marzo de 2023

Premio para tres empresas de Galicia Destino Sostible

Os cámpings Paisaxe II e Illa de Ons, e o hotel Bosque Mar, primeiros galardoados cos premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra.   O presidente do […]
10 de Marzo de 2023

Proveitosa participación do turismo galego na ITB Berlín

Os integrantes da misión comercial organiza polo Clúster mantiveron decenas de reunións durante a feira turística internacional da capital alemá.   O secretario xeral da Organización […]
09 de Marzo de 2023

Bo comezo de ano para os aloxamentos turísticos galegos

Galicia alcanzou en xaneiro a segunda cifra máis alta de viaxeiros e noites pasadas para ese mes da serie histórica.   As cifras dos hoteis no […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574
Página siguiente