[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Organizada polo CETS, o encontro contou coa presenza dun responsable de Turismo de Galicia para resolver dúbidas respecto ao Decreto que regularía este tipo de aloxamentos

O Consorcio de Empresarios de Sanxenxo celebrou unha presentación aberta ao público para informar o Decreto de regulación das Vivendas Turísticas, pendente aínda de aprobación por parte da Xunta, pero que regulará por vez primeira o uso turístico das vivendas particulares. Aínda que o Decreto recolle a regulación que afecta tanto aos apartamentos turísticos, como ás vivendas turísticas, son as vivendas de uso turístico as que xeraron un maior número de cuestións e dúbidas entre os participantes á charla.

O director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luís Mestre Castiñeiras, foi o encargado de ofrecer unha presentación centrada nesta terceira tipoloxía, as vivendas de uso turístico, establecendo que é o que se entende por este tipo de vivenda e que requisitos deben cumprir para poder ter esa consideración e entrar nas canles turísticas. Neste sentido, Mestre Castiñeiras fixo fincapé en que para a redacción deste regulamento seguiuse a normativa de Cataluña, ?porque cremos que garante un equilibrio entre clientes e alquiladores e é que a que máis tempo leva en funcionamento. Outras regulamentacións como as de Madrid ou Andalucia, por exemplo, son mais restritivas e estan recorridas?, explicou.

A presentación serviu para que os potenciais interesados en dar de alta as súas vivendas nun novo uso, o turístico, coñecesen a documentación necesaria que necesitarían para iso así como os requisitos que ha de cumprir a vivenda. Cabe destacar que se entende como vivendas de uso turístico todas aquelas en as que a cesión de uso é inferior a 30 días consecutivos ou que se ceda dous ou máis veces no prazo dun ano. Non se permite o aluguer por estancias, se non que se aluga a vivenda de forma conxunta.

Tras a aprobación do Decreto darase un prazo de seis meses para que aquelas persoas afectadas por este cambio de regulación poidan darse de alta no rexistro de vivendas de uso turístico, aínda que o responsable de Turismo de Galicia destacou que non está no ánimo da Xunta proceder a realizar inspeccións sistemáticas destas vivendas aínda que si as prodía haber se hai denuncias contra elas ou se detectan irregularidades. Neste caso, o réxime sancionador que se lles aplicaría sería o mesmo que o dos establecementos turísticos.

Durante a charla resolvéronse un gran número de dúbidas referentes a calefacción nas vivendas, accesibilidade, instalación ou non de ascensores, obrigación de ter rexistro de viaxeiros, normas de uso, etc.

Descarga o documento resume sobre as Vivendas de Uso Turístico

22 de Abril de 2016

Sanxenxo acolleu unha charla informativa sobre as vivendas de uso turístico

Organizada polo CETS, o encontro contou coa presenza dun responsable de Turismo de Galicia para resolver dúbidas respecto ao Decreto que regularía este tipo de aloxamentos […]
21 de Abril de 2016

Turismo de Galicia convoca a segunda edición dos Premios Camiño de Santiago

Co obxectivo de promover a excelencia na atención ao peregrino e a adecuada xestión dos recursos ligados ao Camiño de Santiago, Turismo de Galicia convoca unha […]
21 de Abril de 2016

O Clúster de Turismo lanza o seu concurso de ideas para executar proxectos turísticos conxuntos en 2016

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016 […]
21 de Abril de 2016

Galicia promociónase en Frankfurt como destino para o turismo de congresos e incentivos

No marco da Feira IMEX participaron representantes do sector MICE galego como Palexco, ExpoCoruña e Vigo Convention Bureau Unha representación do sector MICE galego deuse cita […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574
Página siguiente