O Clúster de Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra, coa colaboración de Turismo de Galicia, uníronse para organizar a xornada “Networking Galicia: Turismo que une”, que terá lugar o vindeiro xoves, 19 de decembro, no el Edificio sociocultural Manuel Rivero de Lalín. Este evento busca fomentar o coñecemento da oferta turística galega, especialmente as iniciativas máis recentes e innovadoras, promovendo a súa integración nas propostas de valor das empresas de receptivo.
O evento iniciarase cun relatorio sobre a conformación de oferta turística e, a continuación darase paso ao workshop, que terá unha duración aproximada de dúas horas. As empresas contarán cun servicio de xestión de axenda. A cita ten como obxectivo facilitar o intercambio de ideas e fortalecer as conexións entre as empresas de receptivo e o resto de actores da oferta turística de Galicia. O formato elixido será o de speed networking, onde as reunións terán unha duración máxima de 5 a 10 minutos. Desta forma, impulsarase a comercialización de produtos e ampliarase a variedade de experiencias turísticas do destino.
A programación detallada e a apertura de inscricións anunciaranse en breve. As empresas interesadas están convidadas a manterse atentas ás comunicacións do Clúster Turismo de Galicia para non perder a oportunidade de participar nesta xornada que promete xerar sinerxías e fortalecer o turismo galego como destino de referencia.